Alfoz, 19 de xullo, 2020. O pasado venres 10 de xullo os parques públicos e áreas recreativas de Alfoz apareceron pechados, unha medida que, desde VIA Alfoz, consideran “cando menos singular tendo en conta que estas áreas permaneceron abertas, e sen ningunha indicación de límite de aforo, durante o período de limitación de mobilidade iniciado o día 5, e que precisamente rematou o día en que se produce o peche”, ademais recordan que esta medida se realizou sen ningún tipo de anuncio previo.
Desde VIA Alfoz valoran que se debería permitir o acceso a áreas ao aire libre como os parques públicos, indicando as limitacións de aforo nas zonas de xogo, e manténdoas en condicións adecuadas para o seu uso pois, segundo indican, “sáelles mellor mantelos pechados no canto de limpalos”, en alusión á habitual falta de mantemento dos diferentes espazos públicos.
Mención especial ten o Parque Alcalde José Palmeiro, próximo as vivendas sociais e á vivenda comunitaria. Con respecto a esta última, desde VIA queren facerse eco da descontento dos usuarios pois “é normal que non entendan como o parque segue pechado e nin sequera podan pasear por este espazo ou sentarse á sombra”, situación que se suma ao estado de abandono no que frecuentemente se atopa o parque, “por non falar das beirarrúas e incluso as inmediacións da propia Casa do Concello”.
Pola contra, desde o Concello de Alfoz, ven de anunciarse que o vindeiro luns 20 de xullo abrirá a piscina municipal, en contra das medidas tomadas por outros concellos. Desde VIA Alfoz recordan que foron críticos con este tema no pleno de aprobación dos Orzamentos, onde se consignaron partidas para diferentes obras na piscina municipal e para a súa posta en servizo “mentres non se aprobou ningunha axuda para o noso tecido empresarial para paliar os efectos do Covid-19”. Ademais, indican que outros concellos foron mais cautos e decidiron non abrir este verán, e incluso aproveitaron este ano para facer obras de mantemento, “aquí facemos ao contrario, a día de hoxe non nos consta que se fixesen as obras presupostadas e sen embargo decídese abrir”.
Ademais recordan que, para abrir, teranse que tomar medidas especiais que suporán un custe adicional, e insisten que “desde VIA non nos imos opoñer á apertura da piscina municipal sempre que se cumpran as condicións sanitarias e as instalacións estean en condicións adecuadas, pero non entendemos como se abre este espazo e non se permite o acceso aos parques. Tampouco entendemos como se gastan os cartos dos nosos veciños nunha instalación que estará aberta a todo o mundo, sexa ou non veciño de Alfoz, que polas condicións especiais de aforo solo beneficiará a uns poucos, e pola contra non se tomen outras medidas respecto ao Covid-19, como axudas ás nosas empresas ou reparto de máscaras, entre outras” tal e como reclamou VIA Alfoz no pleno de Orzamentos.
Desde VIA Alfoz suxírenlle ao goberno municipal que se fixe mais nas medidas que toman os concellos veciños e que acceda a aprobar as propostas que VIA Alfoz lle formula desde a oposición en cada Pleno. “Critican que non facemos propostas, algo totalmente falso, o que pasa é que cada unha das propostas que facemos son reprobadas polo PSOE, o que evidencia a intransixencia do actual goberno municipal”.




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



