Cervo, 22 de xullo de 2020. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, amosou un día máis a súa preocupación ante a situación absolutamente límite que vive a comarca da Mariña, onde están en xogo milleiros de postos de traballo que, directa e indirectamente, dependen, da industria do aluminio.
Neste senso, Villares, apunta que “non podemos tirar a toalla” porque a solución existe “querer é poder”; neste senso volve facer un chamamento ao Goberno do Estado pedíndolle que por favor “aprobe o estatuto para as empresas electrointensivas que levamos demandando case dous anos”, capitaneados polo Comité de Empresa, e do que a día de hoxe non temos aínda ningunha noticia; “e se non é así, que interveña Alcoa, pero que o Estado faga algo xa, urxentemente, porque o reloxo corre en contra da Mariña”.
O rexedor precisa que xa non valen as boas palabras, que A Mariña necesita feitos, “o Goberno coa súa falta de concreción está sentenciando a nosa bisbarra e o futuro de moitas familias que viven do aluminio na nosa zona; o que precisamos é a materialización desas medidas que salvagardarían o emprego existente na actualidade tanto en Alcoa, como nas empresas auxiliares vinculadas á fábrica”.
Villares subliña que para poder seguir a producir aluminio na Mariña, como levamos facendo os últimos 40 anos, necesitamos ese prezo da enerxía competitivo que garante o estatuto consensuado entre o Comité de Empresa, e as comunidades de Galicia, Asturias e Cantabria; un documento do que a día de hoxe non sabemos nada; se o estatuto entra en vigor xa, todos os postos de traballo estarían a salvo, tal e como nos comentan moitos veciños e familias da zona afectadas.
As cubas en Avilés e Coruña -pecharon –recorda- e o causante foi o prezo da enerxía; se o Goberno non dá un cambio de rumbo xa, o final da nosa fábrica, por desgracia para todos, será o mesmo.
O rexedor prégalle ao Goberno que aprobe dunha vez ese documento, polo futuro dunha comarca que vive angustiada e en todo caso, se non o aproban que interveña á fabrica –reitera- pero que non deixen morrer A Mariña co seu silencio.




















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



