A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, responderá no Pleno unha interpelación sobre solo industrial e a Plataforma Loxística Salvaterra- As Neves (Plisan).[/caption]
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2020. A Xunta ofrece apoio técnico ao Concello de Barreiros para que realice un estudo de alternativas que lle permita determinar a actuación máis idónea para a mellora do saneamento en San Miguel de Reinante e traslada a súa disposición a cofinanciar a actuación na mesma porcentaxe que a Deputación Provincial de Lugo e o Concello, é dicir, un terzo do investimento.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión coa alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e o concelleiro de Medio Ambiente e Rural, Dámaso Ratoeira, para abordar este proxecto hidráulico.
Vázquez Mourelle explicoulles que o estudo de alternativas por parte do Concello é necesario para establecer cal é a tecnoloxía máis axeitada para acadar un sistema de depuración eficiente na parroquia de San Miguel de Reinante.
Cómpre lembrar que a Xunta lle vén trasladando o seu apoio técnico e financeiro ao Concello de Barreiros coa fin de optimizar o saneamento de augas residuais, que ao igual que o servizo de abastecemento, é de competencia municipal.
Neste sentido, a responsable de Infraestruturas xa lle remitira o ano pasado unha carta á rexedora, ratificando o compromiso de colaboración de Augas de Galicia nesta actuación de saneamento de competencia local.
Consumo responsable de auga
Por outra parte, a conselleira recordoulle hoxe á alcaldesa a importancia de promover entre os veciños un consumo responsable da auga, xa que nas comarcas da Mariña e do Ortegal continúa activo o estado de prealerta por posibilidade de seca.
A Oficina Técnica da Seca constatou nunha reunión a semana pasada que as chuvias rexistradas recentemente indican un cambio de tendencia a nivel meteorolóxico e hidrolóxico, pero cómpre manter a prealerta ata que se consolide o aumento do nivel base dos ríos.
Augas de Galicia vén efectuando un seguimento continuo da evolución da totalidade de encoros e ríos. No vindeiro mes de setembro, terá lugar unha nova reunión para analizar de novo a situación e establecer as medidas que correspondan.



















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



