Lugo, 28 de agosto de 2020. A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero encabezou esta mañá, na parroquia lucense de Santa María de Bóveda a denuncia de Alcaldes, Senadores e Deputados Socialistas para reclamar ao Goberno da Xunta a posta en marcha dun Plan de Dixitalización para o rural da Provincia de Lugo “ante o abandono de Feijóo”.
Otero explicou que “o confinamento pola COVID conlevou a necesidade de empregar preferentemente o teletraballo así como o peche de escolas, puxo a proba a capacidade de resposta do noso sistema educativo e a posibilidade de traballar dende as nosas vivendas”. A secretaria provincial criticou “que moitos veciños e veciñas carecen ou teñen mala cobertura de telefonía móbil e internet, o que supón unha discriminación social, que incide directamente na perda de emprego e no despoboamento do rural”.
Afirma que dende o Grupo Socialista “consideramos un dereito ter unha sinal adecuada de telefonía móbil e internet, vivas onde vivas. A dixitalización do mundo rural é clave para o seu desenrolo, tanto para avanzar en competitividade e sostibilidade, como para facer fronte ao despoboamento”.
Así as cousas advirte que “para conquerir estes obxectivos é fundamental superar a fenda dixital que existe entre o rural e o urbano. Esta dixitalización ten que converterse nunha prioridade se de verdade queremos apostar dun xeito real e decidido polo noso rural, e non só con slóganes e propaganda como adoita facer o Partido Popular de Galicia”.
Patricia Otero reclama ademais que “os fondos europeos destinados á dixitalización que se van transferir ás comunidades autónomas vaian condicionados tendo en conta ás entidades locais, é dicir, ás Deputacións e ós concellos da provincia de Lugo”.
Iniciativas no Parlamento de Galicia
A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica avanzou ademais que presentará unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para demandar a aprobación deste Plan de Dixitalización ao PP. “Non vamos a quedarnos de brazos cruzados mentres hai parroquias da provincia de Lugo que non teñen cobertura de ningún tipo, así non se defende nin se impulsa o rural”, lamentou.
Jose María Arias, Alcalde de Castroverde, que fixo de voceiro dos Alcaldes afectados, denunciou “que en pleno século XXI, coa pandemia do COVID, puidemos comprobar como os concellos do rural lucense están completamente abandonados polo Goberno de Feijóo. Ao Presidente da Xunta só lle interesa vir pasearse á nosa provincia cando hai eleccións, despois, pasou o día e pasou a romaría. Aquí seguimos esquecidos, sen cobertura, sen dotacións públicas, sen boas vías de comunicación e con recortes en servizos fundamentais como a sanidade e ou a educación”, espetou o Alcalde.
Carta a Núñez Feijóo
Arias avanzou tamén que os rexedores socialistas da provincia de Lugo enviarán unha carta ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo co fin de obter axudas para a dixitalización, así como melloras de infraestruturas tecnolóxicas no rural lucense, e garantir unha conectividade dixital adecuada ao 100% da poboación con independencia do seu lugar de residencia.
Alcaldes, Deputados e Senadores
Patricia Otero estivo acompañada na parroquia lucense de Santa María de Bóveda do Concello de Lugo de Alcaldes, Senadores e Deputados Socialistas da provincia. Ao encontro asistiron o Presidente da Deputación de Lugo e Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca e o Secretario de Organización do PSdeG, José Antonio Quiroga. Así como os alcaldes e alcaldesas socialistas da provincia como a de Lugo, Lara Méndez; Vilalba, Elba Veleiro; Foz, Francisco Cajoto; Guitiriz, Marisol Morandeira; Fonsagrada, Carlos López; Castroverde, Jose María Arias; Láncara, Darío Piñeiro; Xermade, Roberto García; Meira, Antonio de Dios; Alfoz, Jorge Val; Cervantes, Benigno Gómez; Trabada, Mayra García; Navia de Suarna, José Fernández; Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo; Ourol, José Luís Pajón, os concelleiros da Pontenova, Pastoriza e Lugo respectivamente, Isabel Couto, Tino Fernández e Miguel Fernández.
Así como os deputados no Congreso pola provincia de Lugo, Ana Prieto e Javier Cerqueiro, o senador Cesar Mogo, o Deputado Autonómico, Luís Álvarez e o Deputado Provincial, Pablo Rivera.





















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



