A Mariña, 28 de agosto de 2020. Os roteiros de A Mariña en Ruta seguirán nos primeiros días de setembro por Riotorto, Ourol e Viveiro. A iniciativa da Mancomunidade conta coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia e da Deputación de Lugo.
A axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade, Tania Hermida, amósase satisfeita pola acollida que están a ter as diferentes rutas organizadas a través do xeodestino durante os meses de agosto e setembro: “no caso das próximas que imos ter, xa podemos adiantar que as prazas para o roteiro de Riotorto está completas, para Ourol quédannos 5 prazas libres e para Viveiro hai 9 dispoñibles neste momento. Iso indica que esta iniciativa está a resultar moi interesante para as persoas que nos visitan este verán”.
A primeira das rutas en setembro terá lugar o día 1, o vindeiro martes. Será un paseo pola minería de ouro en Riotorto, que estará guiado por Francisco Canosa. Os participantes poderán coñecer un pouco máis sobre a minería romana que se desenvolveu na zona, descubrindo tanto o método de exploración como o de explotación. A día de hoxe aínda son visibles no terreo os restos desa actividade mineira, o que axudará a entender mellor como funcionaba unha mina de ouro romana.
Municipio: Riotorto.
Data: 1 de setembro do 2020.
Hora de inicio: 17:00 horas.
Duración: 2 horas.
Lugar de inicio: Gasolineira Cepsa de Riotorto. Rúa Alcalde Castrín 10 (Riotorto).
Dificultade: Media.
Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo. Gorra e crema solar ou chaqueta impermeable (roupa acorde coa meteoroloxía do día). Auga.
Prazas cubertas: 15.
O 2 de setembro a ruta discorrerá polo Ourol indiano e natural. De guiar esta visita encargarase Noela Feal. Trátase dun roteiro de 4´5 quilómetros no que os asistentes coñecerán o patrimonio cultural e natural de Ourol. Partirán da Casa do Concello e camiñarán polas rúas de Ourol descubrindo as curiosidades dalgunhas das casas indianas do pobo. Visitarán tamén a igrexa de Santa María e o cemiterio. Á volta, collerán os coches para acabar a visita na preciosa fervenza do río Xestosa, un paseo de 250 metros en descenso.
Municipio: Ourol.
Data: 2 de setembro do 2020.
Hora de inicio: 11:00 horas.
Duración: 2 horas.
Lugar de inicio: Casa do Concello de Ourol. RúaMesón s/n (Ourol).
Dificultade: Baixa.
Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo. Gorra e crema solar ou chaqueta impermeable (roupa acorde coa meteoroloxía do día). Auga. Pódese levar roupa de baño.
Prazas dispoñibles: 15. Xa hai 10 prazas cubertas. Quedan 5 libres neste momento.
E o 3 de setembro foi a data elixida para o roteiro que discorrerá polo Souto da Retorta en Viveiro, que tamén será guiado por Noela Feal. Nun marco natural incomparable, o paseo polo Souto da Retorta invita a desconectar, a encontrar a paz e a coñecer a árbore máis grande de España, un eucalipto de máis de 100 anos. Os participantes nesta ruta coñecerán a historia desta paraxe, entrelazándoa coa historia da fábrica de Chavín. Turismo de natureza e industrial unidos e interrelacionados.
Municipio: Viveiro.
Data: 3 de setembro do 2020.
Hora de inicio: 11:00 horass.
Duración: 2 horas.
Lugar de inicio: Frente á “Taberna do Avó”, Chavín (Viveiro).
Dificultade: Baixa.
Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo. Gorra e crema solar ou chaqueta impermeable (roupa acorde coa meteoroloxía do día). Auga.
Prazas dispoñibles: 15. Xa hai cubertas 6 prazas. Quedan 9 libres.
Desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense lembran que os prezos dos roteiros son: 5 euros individual / 8 euros parella / 12 euros familiar ou grupo ata 5 membros.
A Mariña en Ruta é unha iniciativa da Mancomunidade que se realiza coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia e, para a súa promoción, da Deputación de Lugo.
Para máis información:
https://enruta.amarinalucense.gal/






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



