Santiago, 26 de Agosto, 2020. As deputadas do BNG, Montse Prado e Olalla Rodil mantiveron un encontro con familiares de persoas usuarias das residencias de maiores e representantes de REDE (Federación de asociacións de usuarios de residencias e depencencia) e FAUDEMA para presentarlles a solicitude de creación dunha comisión de investigación sobre o acontecido nestes centros durante a pandemia.
Rodil anunciou que o BNG rexistrou a petición da comisión respondendo ao compromiso, xa avanzado pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, no mes de abril, cando afirmou públicamente que esta sería unha das “primeiras iniciativas do grupo parlamentario nacionalista no inicio da XI Lexistatura”.
Tras o encontro, a deputada do BNG insistiu na necesidade de investigar o acontencido nestes centros durante a pandemia por “xustiza, verdade e reparación”. Neste sentido, indicou que en Galiza faleceron a día de hoxe, 633 persoas pola COVID-19 das que 278 dependían das residencias de maiores. As residencias, explicou Rodil, foron “na primeira onda do virus un dos principais focos de contaxio” até o punto de producirse no noso país situacións de enorme gravidade como as vividas na Residencia San Rosendo de Celanova ou nas DomusVI de Cangas.
Unha comisión imprescindible para investigar o acontecido cos coidados das persoas maiores
Desde o BNG, reiterou cremos firmemente que esta comisión de investigación é “necesaria e imprescindible ” para esclarecer o acontecido e para que as familias e o conxunto da sociedade coñezan a verdade. É neceario, engadiu, “analizar todas e cada unha das decisión que se adoptaron para corrixir os erros e impedir que volvan a repetirse”
Para a deputada resulta alarmante o número de contaxios masivos rexistrados recentemente nas residencias do Incio e Culleredo, multiplicándose e por sete o número de positivos na última semana e rexistrando tres persoas falecidadas.
O BNG avoga por un modelo de xestión pública que garanta os coidados na vellez
A COVID-19 fixo emerxer con toda crueza as carencias, as deficiencias e a precariedade de recursos do actual modelo de residencias en Galiza, un modelo que debe ser analizado en profundidade, aspecto que a comisión de investigación tamén debe abordar. O actual modelo, criticou a parlamentaria do BNG, deixa a xestión dun gran número de residencias de maiores a cargo de entidades privadas que converten “un dereito é unha vellez digna, nun negocio”. Das máis de “21.000 prazas de residencias de maiores en Galiza, só 8.154 (menos do 40%) son públicas, e foron precisamente estas entidades privadas como DomusVI e a Fundación San Rosendo as que rexistraron un maior número de persoas contaxiadas e falecidas”.
Nesta liña, engadiu que o propio Consello de Contas advertiu no ano 2017 o incumprimento sobre o número de persoal exixido e necesario nos centros.
Finalmente considerou que a pandemia debe ser un punto de inflexión no ámbito dos coidados, e para iso é preciso “coñecer, estudar e investigar o que está mal” porque hai situacións “inadmisibles” na vella e nova normalidade e a situación das residencias de maiores neste país é unha delas.
A pandemia non é unha paréntese, é presente
Pola súa parte, a deputada Montse Prado, reiterou que é necesario “aprender dos erros e corrixir un modelo” posto en evidencia pola COVID-19. Un modelo denunciado polas propias familias e o conxunto de traballadoras e traballadores pola falta de persoal e recursos. “O modelo privatizador do Partido popular provocou graves consecuencias agravadas polo coronavirus”. A situación das residencias de maiores, , recalcou Prado, “non é pasado, continua sendo presente” e o Partido popular non debe caer na tentación de pensar que a pandemia foi unha paréntese porque continúa sendo presente, concluíu.
























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



