Lugo, 31 de agosto de 2020. Os clubs e entidades deportivas da provincia poden solicitar xa as axudas de concorrencia competitiva convocadas pola área de Deportes, cun importe total de 500 mil euros. Segundo a convocatoria publicada este luns no Boletín Oficial da Provincia (BOP), o prazo para presentar as solictudes ábrese este martes 1 de setembro e prolongarase ata o vindeiro 14 de setembro.
Establécense dúas liñas de axuda: unha destinada a sufragar gastos da actividade ordinaria, cun importe que oscila entre os 300 e os 5.000 euros; e outra dirixida á organización de eventos, con achegas entre os 300 e os 2.000 euros.
O deputado de Deportes, Efrén Castro, remarcou que a convocatoria deste ano se adaptou ás circunstancias excepcionais que atravesan os clubs pola situación sanitaria. “Tratamos de adaptar a convocatoria á situación vivida nestes meses, nas que non se puideron rematar as competicións nin realizar grandes eventos. De feito, a maior parte das axudas, 470 mil euros, destínanse a soster a actividade dos clubs. Aí, ademais dos gastos derivados da actividade federada como viña sendo habitual, inclúense tamén gastos relacionados co mantemento das webs e das actividades online que propuxeron durante as semanas de confinamento e tamén a compra de material de protección fronte á Covid 19”, explicou.
A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo http://www.deputacionlugo.gal. Para a concesión das axudas, en rexime de concorrencia competitiva, valóranse criterios obxectivos vinculados ao rendemento deportivo e a incidencia social do club. Nese ámbito, prímanse equipos mixtos, femininos ou con persoas con capacidades diferentes. Tamén aqueles que son de concellos con menos de mil habitantes.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
