Lugo, 9 de setembro de 2020. A área de Cultura pon en marcha a programación Aparte, que achegará o teatro a todos os concellos con preto dun centenar de representacións a cargo dunha trintena de compañías de teatro profesional e amador.
A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro explicou que “Aparte” responde a unha reformulación puntual das programacións Buxiganga e Proscenio que a área de Cultura veu desenvolvendo nos últimos anos e que contribuíron de forma decisiva a “ampliar a rede de compañías de teatro da provincia”.
“Este ano, a crise sanitaria dificultaba a posta en marcha destas programacións tal como estaban articuladas, cun calendario fixado desde o inicio, por iso decidimos sacar adiante esta alternativa que supón unha aposta importante polo teatro e a actividade cultural en tempos de incerteza”.
Ferreiro destacou que coa nova programación se amplia ata os 50.000 euros a partida dedicada ás compañías profesionais e se facilita a participación das compañías afeccionadas que, no caso de non poder actuar pola situación sanitaria, poderán gravar as súas representacións para a difusión en liña.
Representacións seguras
A deputada de Cultura incidiu en que “as representacións se realizarán cumprindo con todas as medidas de prevención das autoridades sanitarias en cada momento e para cada lugar para preservar a saúde das persoas, que é o máis importante. Como non podía ser doutro xeito, o calendario estará sempre marcado pola situación sanitaria”, concluíu.
Teatro profesional e amador
“Aparte” artellarase en diferentes ciclos, en función das compañías e do público ao que se dirixen prioritariamente as distintas montaxes. A programación implica unha trintena de compañías, nove delas profesionais: Trécola, Titiriterra, Mircromina, Lîlâ Teatro, Ubú Teatro, Señor López Producións, Ítaca Teatro, Pinconús e Teatro Baixo a area, que xa preparan as montaxes que levarán a escena. Nas próximas semanas, definiranse as compañías e obras das compañías de teatro afeccionado.
Primeiras actuacións
As primeiras representacións realizaranse esta mesma fin de semana:
Venres 11, actuación de Mircromina teatro de Títeres en Baralla coa obra “Cousas de Casa” ás 18:15 na Praza Maior .
Sábado 12, actuación de Lîlâ Teatro, coa obra “Duncan de Palleiro” no Salón de Actos da Casa da Cultura da Pastoriza ás 17:00
Domingo 13, actuación de Lîlâ Teatro, coa obra “Duncan de Palleiro” na Carballeira de Castro de Rei ás 18:00






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



