Burela, 8 de setembro de 2020. A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo e Deputada Autonómica, Patricia Otero denuncia a pasividade do Goberno de Feijoo coa Edar de Burela. Fixoo a través dunha batería de iniciativas parlamentarias que rexistrou no Parlamento de Galicia, coas que reclama a adxudicación destas obras, garantindo a aplicación dos fondos europeos.
A voceira de Infraestruturas explicou na súa proposta que “en Burela hai unha necesidade urxente dunha nova depuradora de augas. Xa en decembro do ano 2011 o por aquel entón alcalde, señor Barcia, admitía problemas case a diario coa depuradora, e demandaba unha nova dotación”.
Así as cousas lembra que “en abril de 2015 Augas Galicia detectaba incumprimentos na depuradora. E en agosto de 2018 a UE avisaba a España da existencias de fallos na depuración de varios concellos galegos, entre os que incluía Burela”, advertiu.
Remarca tamén que segundo a información da propia Xunta sinalaba que as novas instalacións da EDAR poderían estar en funcionamento no ano 2017, “pero os traballos fóronse dilatando, e a día de hoxe seguen pendentes, poñendo en serio risco a perda dos fondos europeos destinados para este proxecto, senón se realizan en tempo e forma”, lamentou.
Otero aludiu tamén a comparecencia no Parlamento de Galicia da directora de Augas Galicia. “Alí avanzou que neste mesmo ano se remataría a redacción do proxecto de saneamento para o 2020, para o que destinou no seu orzamento unha inversión de 250.001 euros, nunha obra que se prevé que rolde os 9.000.000 millóns de euros”.
Por iso “diante desta situación é preciso unha actuación urxente, xa que a perda dos fondos comunitarios comprometería seriamente a viabilidade da nova depuradora de augas residuais de Burela”, argumentou.
“Non podemos permitir que as veciñas e veciños de Burela padezan as incompetencias do Goberno de Feijóo. Nestes intres hai fondos europeos para sacar adiante este proxecto, que é vital para o noso Concello. A EDAR ten que ser unha realidade xa”, resumiu.



















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



