Barreiros, 3 de setembro de 2020. A alcaldesa de Barreiros amosa a súa sorpresa polo escrito recibido desde a Axencia Galega de Emerxencias no que non consideran como emerxencia a falta de auga potable para máis de
150 persoas e 1000 cabezas de gando en claro risco en pleno mes de agosto e con circunstancias climatolóxicas extremas; razón pola que non mobilizaron os medios da AXEGA. En resposta á carta enviada pola alcaldesa na que se trasladaba a necesidade de homologar a cisterna propiedade da Axencia Galega de Emerxencias, o xerente remitiu un escrito no que dubida da calificación como emerxencia da situación que hai 10 días deixou tres núcleos de poboación barreirenses sen abastecemento de auga potable.
A alcaldesa explica que na carta recibida, o xerente da AXEGA manifesta que “a situación descrita por parte do Concello non se encadra nos supostos previstos para a mobilización de recursos públicos de administracións diferentes á que está sufrindo o problema.” No escrito tamén se recolle que a AXEGA xa realiza melloras continuas para “aproveitar ao máximo os recursos desta entidade de xeito que unha mesma ferramenta (como pode ser o vehículo gran nodriza) sexa utilizado tanto en incendios industriais como forestais, limpezas de vías de comunicación posteriores a inundacións ou transporte auga potable se a situación realmente así o require”.
Ana Ermida lamenta que dita situación, efectivamente derivada por un problema na rede, pero que provocou unha situación de emerxencia, tal e como entendeu a propia alcaldesa, como responsable municipal, e todas as administracións ás que se lles requiriu auxilio na situación; non sexa considerada como emerxencia que require da mobilización de recursos da Axencia Galega de Emerxencias.
A efectos de aclarar os termos manifestados e entendendo que a AXEGA xa conta con medios homologados, pero que decidiu non mobilizar para dita situación en Barreiros; a alcaldesa trasladou nunha resposta por escrito a necesidade de “en aras de non saturar os servizos de emerxencia con peticións extralimitadas, gustaríanos poder coñecer os criterios de consideración de situación de emerxencia e se a orixe de dita situación é determinante para a actuación de ditos servizos.”
Ermida manifesta que a declaración de situación de emerxencia considerada polo Concello non ten xustificación na causa que a provocara, senón nas consecuencias de ter un depósito que non subministraba auga potable a tres núcleos de poboación do concello de Barreiros máis un núcleo pertencente a Trabada, nos que residen máis de 150 persoas e aproximadamente unhas 1000 cabezas de gando vacún.
“Solicitamos coñecer cales son os criterios para considerar emerxencias e mobilizar recursos, porque para esta alcaldía estar sen auga potable para as persoas e os animais, en moitos casos como medio de vida e, polo tanto, con características industriais; é unha clara situación de emerxencia. O que non entendemos é que a causa da situación poida argumentarse como xustificación para non mobilizar medios, porque as emerxencias, case todas poden evitarse dalgún xeito, desde accidentes de calquera tipo a incendios; mais a súa existencia, sexa pola causa que sexa, non ten dúbida para obter a consideración de emerxencia. Polo que non entendemos que en pleno verán, unha situación de falla de abastecemento de auga potable namentras non se solucione o problema que a provoca, non sexa entendida como situación de emerxencia”, manifesta a alcaldesa.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



