Burela, 7 de setembro, 2020. A internacional brasileira Cilene Pereira Paranhos cumprirá a súa quinta tempada no Pescados Rubén Burela FS. A maxia da peche converterase nunha garantía máis reforzando o proxecto das Guerreiras Laranxas 2020-21.
A 6 burelista, que xa finalizou o confinamento domiciliario dende a súa chegadado Brasil e que compartirá pistas esta semana co renovado equipo mariñán, non agochou as súas ganas por volver sentir a emoción da competición nunha tempada na que as actuais campioas de Supercopa, Copa e Liga volverán pelexar sen límites por novos éxitos para a Familia Laranxa: “Estou preparada para todo, con moitas ganas de comezar, para poder gozar e facer gozar á xente tamén. O noso obxectivo é manter os títulos que gañamos
a tempada pasada, traballar cada día para mellorar e seguir buscando evolución, aos poucos”.
“Estamos a vivir un momento no que temos que coidarnos, pensar sobre todo na saúde. Este ano imos vivir algo diferente, estamos afeitas a xogar con afección, pero sei que podemos sentir moi preto aos nosos afeccionados, aínda que esteamos lonxe. A nosa bancada sempre sabe como apoiarnos” reflexionaba Cilene coa mirada posta xa no mes de outubro para dar punto de partida á liga.
A brasileira reafirma o gran bloque de continuidade con Bea Mateos, Dany, Lara Balseiro, Ale de Paz, Jenny e Cristina, ademais de Jozi, Peque e Cami, e as chegadas da porteira Sandra Buzón, a universal Elena Aragón, a ala-peche Leti M. Cortés e a ala Cely. Así o Pescados Rubén Burela FS prepara a nova tempada con 14 xogadoras ás ordes de Julio Delgado e Lucas, ademais da meta de Comarcal A Fervenza FSF, Lucía Paz.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
