Lugo, 7 de setembro de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este luns nun encontro na Delegación do Goberno en Galicia coa Ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias, co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e cos presidentes das institucións provinciais da Coruña e Pontevedra, Valentín González Formoso e Carmela Silva. A reunión, convocada pola Ministra, tiña como obxectivo coñecer en primeira persoa como as deputacións galegas están a afrontar a crise derivada da pandemia da Covid-19 e trasladarlle aos mandatarios provinciais información sobre unha nova liña de axudas habilitada polo Goberno central para sufragar gastos derivados de catástrofes naturais.
Tomé Roca sinalou durante o encontro a importancia da cogobernanza das comunidades autónomas cos municipios. “A cogobernanza que está funcionando entre o Goberno central e as comunidades autónomas está sendo moi útil e cremos que é unha fórmula que se debe poñer en marcha entre a Xunta de Galicia e as entidades locais, tanto concellos como deputacións, para xestionar a crise sanitaria”. O mandatario provincial engadiu que “é necesario escoitar ás entidades locais para coñecer de preto as realidades e as problemáticas que se dan nos concellos, e a Deputación é un organismo que está día tras día ao carón deles e que coñece as súas necesidades”.
Nesa mesma liña, a Ministra apelou á cogobernanza como “o camiño a seguir” e puxo en valor o papel das deputacións durante a pandemia da Covid-19 sinalando que se deben recoñecer como elementos clave para asumir o reto da reconstrución, a transformación e o aumento da resiliencia que ten que asumir o país.
Así mesmo, o Presidente da Deputación de Lugo subliñou que as administracións locais están afrontando importantes gastos en materia de sanidade e educación que non son da súa competencia. “O Estatuto de Autonomía de Galicia establece claramente que estas áreas son competencia da Xunta, pero os concellos están asumindo grandes desembolsos económicos”, recalcou. Ademais puxo sobre a mesa que “a Xunta de Galicia mestura as competencias de salubridade pública, que si son responsabilidade dos concellos, coas de sanidade, que non son de competencia municipal”.
Nestes sentido, o mandatario provincial propuxo que o Goberno central condicione as axudas estatais á Xunta de Galicia a que esta teña en conta ás entidades locais, fixando unha distribución proporcional entre os concellos en función dos gastos que asumen. Tomé Roca puxo de manifesto así mesmo que o Goberno central e os concellos están outorgando axudas a fondo perdido ao tecido empresarial e social fronte á crise da Covid-19, mentres que a Xunta “concede préstamos que logo hai que devolver”.
Axudas por catástrofes naturais
A Ministra de Política Territorial e Función Pública presentoulle esta mañá aos presidentes das deputacións a ampliación das axudas a entidades locais por catástrofes naturais e temporais. Carolina Darias explicou que o obxectivo é colaborar coas entidades locais na tramitación destas axudas, que teñen unha dotación total de 200 millóns de euros, dos que o Ministerio que ela dirixe achega o 50%.
Estes fondos foron aprobados polo Consello de Ministros no mes de agosto e a convocatoria abrirase en outubro. A liña de axudas ten como obxectivo atender os episodios producidos entre o 1 de abril de 2019 e o 31 de marzo de 2020. O Real Decreto establece a relación de fenómenos meteorolóxicos entre esas datas e os territorios afectados que poderán recibir as subvencións. As actuacións deberán ser de reparación ou restitución de infraestruturas, equipamentos ou instalacións e servizos de titularidade municipal, rede viaria dos concellos, deputacións e comunidades autónomas uniprovinciais.



















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



