Lugo, 11 de setembro de 2020. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aproboueste venres as bases dos premios para deportistas de modalidades individuais, que contan cun orzamento de 85.500 euros.
As axudas, que beneficiarán a 185 deportistas, oscilarán entre os 300 e os 1.500 euros, en función dos resultados que teñan acadados en competicións internacionais, estatais e galegas durante o ano 2019.
O 7% das bolsas están reservadas a deportistas con capacidades diferentes, sendo un total de 13 as axudas que se destinan ao deporte adaptado.
“Esta liña de axudas achega fondos a algúns dos deportistas máis destacados da provincia, contribuíndo ao desenvolvemento da súa carreira” explicou o deputado de Deportes, Efrén Castro.
O prazo para solicitar as achegas abrirase tras a publicación da convocatoria no Boletin Oficial da Provincia, nos vindeiros días.
Últimos días para solicitar as axudas a clubs
As axudas a deportistas de modalidades individuais súmanse ás achegas a entidades e clubs deportivos para gastos de actividade e organización de eventos, ás que se destina un total de 500 mil euros. O prazo para solicitar estas axudas remata o vindeiro luns, 14 de setembro.





















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
