Burela, 19 de setembro de 2020. En Burela seguen a celebrarse as actividades da Semana Europea da Mobilidade. Onte tivo lugar un obradoiro de xabóns artesanais e medicinais. Cubríronse as 10 prazas ofertadas, e quedou xente en lista de espera. Os asistentes aprenderon a facer xabón a partires de xabón usado, xabón para a lavadora, suavizante, e xabón para uso cosmético, todo natural e ecolóxico. E hoxe celebrouse un obradoiro de cartón.
Para mañá, domingo, está prevista a realización da Ruta Xeolóxica ao Monte Castelo. E ademais de 8:00 a 20:00 horas a rúa Rosalía de Castro permanecerá cortada ao tráfico entre as interseccións de Eijo Garay e Curros Enríquez. Nesta edición de 2020 non se desenvolverán actividades na rúa, debido ao covid-19. A sesión de cine infantil, que se ía celebrar no auditorio municipal, ás 18:30 horas queda aprazada para outra data que se anunciará previamente.
O Concello de Burela lembra que as actividades de educación vial, programadas para o día 21 e 22, que ían celebrarse no IES Perdouro, terán que aprazarse debido a que se retrasa o comezo do curso. A charla de Educación Vial e o taller de Stop Accidentes están dirixidos a alumn@s da ESO e celebraranse en vindeiras datas.
Ademais, durante toda a Semana Europea da Mobilidade, o Concello de Burela organiza un concurso de selfies no Instagram da Concellería de Medio Ambiente, baixo o lema Por unha mobilidade sen emisións. Entre todos os selfies que se suban sortearase unha cea, valorada en 100 euros, nun local de Burela.
Tamén durante a SEM hai un sistema gratuíto de préstamo de bicicletas eléctricas, na Praza do Concello, que funciona de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.























Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.



