Ribadeo, 1 de setembro de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, referiuse hoxe ao arranxo da estrada de Os Garitos. O rexedor dixo que o que espera desespera, en alusión á proposta realizada polo PP e aos acordos unánimes adoptados nos plenos da Corporación Municipal requiríndolle á Xunta a firma dun convenio para o financiamento desa obra. Suárez Barcia asegurou que o Concello xa dispón dos terreos necesarios para proceder á súa ampliación, pero aínda así segue pendente da resposta da administración galega.
O rexedor manifestou que “hai un dito moi célebre que di que o que espera desespera, e é algo que nos está pasando en Ribadeo, desde hai bastantes meses, cun vial moi importante, o dos Garitos. Este vial vai paralelo á vía de Feve, comunica a estrada da Deputación con outra estrada municipal, é saída de moitísimos camións de madeira, e desde hai anos todo o mundo acreditamos que é un sitio perigoso, que necesita ser amañado e ampliado, ata o punto de que as obras que se teñen que facer aí son moi importantes e cuantiosas”.
O alcalde ribadense engadiu que “digo todo isto porque o Partido Popular de Ribadeo, que sempre está poñendo o dedo na chaga e que ademais é o que ten que facer porque é a oposición, suxeriu que a Xunta de Galicia podería financiar toda esta obra tan importante. Tal é así que no pleno da Corporación, en febreiro deste ano, acordamos unanimemente requirir da Consellería de Medio Ambiente un convenio extraordinario para poder financiar estas obras. Mentres tanto desde o Concello buscamos a saída legal, e atopámola finalmente, dado que os terreos polos que pasa ese vial non son municipais senón que son de Adif. Conseguimos unha concesión a un moi longo período de tempo e que nos permite ter a dispoñibilidade dos terreos para poder facer as obras de mellora, de ampliación, etc… Pero as obras non as podemos facer se non temos os cartos”.
Fernando Suárez explicou que “desde aquela foi pasando o tempo e fomos mandando escritos á Xunta para que se pronunciara. Finalmente nun pleno, a principios deste verán, volvemos unanimemente a esixir da Xunta de Galicia que se manifestara dándolle de prazo ata mediados de agosto porque para cumprir as querencias do Partido Popular de Ribadeo tiña que estar licitada este ano, para poder facelo canto antes, porque senón non podemos cumprir aquilo que o Partido Popular de Ribadeo nos pide”.
O rexedor engadiu que “mandamos de novo ese requirimento formal, estamos a 1 de setembro e seguimos sen saber nada. Evidentemente, por moitos terreos que teñamos, por moito proxecto que teñamos, se non temos os cartos… tal e como dixeron que non había haber problema en financiar esa obra. Polo tanto todo isto demostra que unha cousa é falar, dicir que se vai facer e logo despois vese ás claras que pasa o tempo e outra vez é unha frustración. Oxalá me equivoque e, a raíz destas declaracións, mañá a Xunta de Galicia xa nos diga que, senón todo, vai financiar parte desta obra polo menos”.




















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



