Lugo, 26 de setembro de 2020. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, inaugurou este sábado o Outono Xeolóxico nas Montañas do Courel. Trátase da programación de conferencias, xornadas e visitas guiadas que organiza o Xeoparque Montañas do Courel, coa que colabora o organismo provincial cunha achega de 25.000 euros, co fin de continuar impulsando novas iniciativas turísticas vinculadas á ciencia neste espazo natural. García Porto estivo acompañada do Alcalde de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela Vega, e do presidente do Xeoparque, Roberto Castro.
A temática desta primeira edición versará sobre a minería aurífera, o glaciarismo, as rochas do xeoparque e a ruta das aldeas Paleozoicas. Dita iniciativa celébrase esta fin de semana en Ribas de Sil; o 3 e 4 de outubro en Quiroga; e o 21 e 22 de novembro en Folgoso do Courel.
García Porto sinalou que “hai que apostar por un turismo de valor engadido, de experiencias, non masificado, que poña en valor e coide o territorio, contribuíndo ao desenvolvemento económico sostible. Valores todos sobre os que se sustenta este Outono Xeolóxico e que guían o compromiso da Deputación por impulsar o turismo científico da nosa provincia, procurando avanzar na promoción e valorización do noso patrimonio natural. Este tipo de turismo vencellado á ciencia supón un motor de desenvolvemento económico cun importante efecto multiplicador para os concellos que integran o territorio”.
Neste eido, García Porto explicou que o organismo provincial ten unha aposta clara por reforzar este tipo de turismo fronte á crise da Covid-19, “como demostramos con moi diversas medidas, como a presentación dun plan para optar a fondos do Estado por importe de ata 3M€ co fin de impulsar o xeodestino Ancares-Courel, a colaboración co I Congreso Nacional de Turismo Experiencial, o proxecto de sinalización da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, os Premios Lugo Cambia ou a compra de novas parcelas para crear o Parque Central de Galicia en Antas de Ulla, un espazo público de lecer e natureza”.
Programación durante 3 fines de semana
– Este sábado, en Ribas de Sil: a xornada tivo a temática Ouro, romanos e montañas do Courel. Celebráronse varias charlas e haberá unha saída de campo á minería aurífera do sur do xeoparque, en Sequeiros.
– 3 e 4 de outubro, en Quiroga: o evento xirará arredor do Glaciarismo e vexetación do pasado das nosas montañas. Terán lugar conferencias sobre dita temática e saídas á lagoa da Lucenza e aos ríos xeolóxicos da Seara e Vieiros.
– 21 e 22 de novembro, en Folgoso do Courel: terán lugar os obradoiros formativos sobre As idades xeolóxicas e as rochas do xeoparque. Na primeira xornada realizarase unha saída a Vilarbacú, A Seara e Visuña. Na segunda xornada visitarase Céramo, Froxán e Seceda.






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



