Viveiro, 26 de setembro de 2020. Unha representación do comité empresa de Alcoa iniciou esta mañá un peche no Concello de Viveiro, esixindo unha solución para o seu futuro.
A menos de 48 horas para que termine o período de consultas entre Alcoa e GFG Alliance (Liberty House), o grupo de goberno de Viveiro apoia as reivindicacións e a decisión dos traballadores de pecharse no concello.
“Hai un proxecto enerxético viable que está interesado na planta, polo que pedimos a Alcoa que deixe paso, está en xogo o futuro de moitas familias da comarca”, sostén a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
“Alcoa ten que vender, non pode deixar unha comarca rota, a Xunta e o goberno central están presionando tamén e entre todos hai que atopar unha solución”, engade Loureiro.
O peche impulsado polo comité de empresa de Alcoa produciuse nos concellos de Viveiro e Xove.