Viveiro, a 01 de setembro de 2020. Os concelleiros do grupo municipal do PP de Viveiro mantiveron sendas reunións, na sede local do partido, con asociacións para explicar o contido do proxecto de ordenanza reguladora da Convivencia, Limpeza e Residuos, e para dar a coñecer as obxeccións que fan a este documento. Ademais das deficiencias que atopan no propio texto, os populares lamentan a falta de transparencia na xestión dunha normativa tan necesaria para Viveiro como é esta.
O portavoz popular, Óscar Rodríguez, sinala que ao goberno municipal, presidido pola socialista María Loureiro, “éncheselle a boca falando de transparencia, pero, á hora da verdade, a transparencia na xestión do goberno de Viveiro non existe; o modo en que prepararon esta ordenanza é un bo exemplo de como son as cousas realmente”. Os populares solicitarán oficialmente a retirada do proxecto de ordenanza, que xa foi aprobado inicialmente polo goberno e agora está aberto o prazo para a presentación de alegacións. Os populares presentarán alegacións e explicaron aos representantes das asociacións que tamén poden facelo todos os que o consideren oportuno. “É inxustificable que o goberno de María Loureiro non mantivera reunións coas asociacións para recoller as súas propostas e para explicar o contido da normativa”, manifestou Rodríguez.
Rodríguez lamenta que o goberno municipal non buscase o consenso para sacar adiante unha ordenanza que considera moi necesaria para Viveiro. Rodríguez insiste no que xa dixo días atrás: “Para nós, unha ordenanza coma esta ten que ser moi clariña, de maneira que todos os cidadáns saiban a que están obrigados e que dereitos teñen nos temas aos que afecta esta normativa”. E non é así, “senón que é confusa, reiterativa e escasa en moitos aspectos; non aborda situacións relacionadas coa crise sanitaria, algo que é inaudito cando se trata dunha normativa que regula a limpeza e os residuos”.




















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



