Compostela, 30 de setembro de 2020. Dúas ducias de profesionais da música, do audiovisual, do teatro e da industria editorial de Galiza, así como representantes de colectivos sociais e de todos os ámbitos do ensino do país arrouparon esta mañá en Compostela o lanzamento da Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística no Parlamento de Galiza co obxectivo de instar ao goberno galego a tomar as medidas precisas para mellorar a programación infantil e xuvenil en galego.
O sector cultural e educativo amosou, así, o seu apoio á petición de que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas a través dunha canle “Xabarín”, con programación atractiva, actual, educativa e de produción galega dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñíbel en todas as plataformas dixitais, así como nunha App actualizada que conten ademais con programas e xogos.
A secretaria xeral da Mesa, Celia Armas, recordou no acto de presentación, que a proposta tamén instará ao goberno de Feixoo a adoptar as medidas e accións precisas para garantir a opción dobrada e lexendada ao galego nas plataformas dixitais e que TVE emita con opción dobrada ao galego todos os contidos da súa canle infantil e xuvenil e da súa App para o público infantil. “O goberno galego deberá tamén adoptar as medidas necesarias que permitan a recepción mutua RTP – TVG en Galiza e Portugal segundo o contemplado na Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias”, salientou.
O apoio do sector cultural concrétase na posta en marcha dun grupo impulsor da iniciativa popular no que están representadas as principais asociacións profesionais da cultura galega (AAAG, AELG, AGAG, AGEM, AGPI, AGPTI, Escena Galega, Músicas ao vivo e Asociación de Profisionais da Dobraxe); artistas de referencia para o público infantil e xuvenil como Fran Amil, Magín Blanco, Pepe Carreiro, Paco Cerdeira, Pablo Díaz, Gloria Mosquera ou Uxía Lambona e a Banda Molona; empresas da industria editorial, musical e das artes escénicas como Apiario, Baobab, Charlatana, Culturactiva, Editorial Galaxia ou Xerais; colectivos sociais como a Federación Galiza Cultura ou as ANPAS Galegas; e organizacións do ensino como Erguer, ANEGA, AS-PG, Nova Escola Galega, CIG Ensino, CSIF Ensino ou STEG.
O presidente da Mesa, Marcos Maceira, recordou na presentación que a petición reuniu a través da web preto de 15000 sinaturas. Foi, precisamente, a velocidade e a intensidade con que a sociedade galega respondeu á proposta o que levou a entidade de defensa da lingua a transformar o que inicialmente era só unha petición nunha iniciativa popular que cumprise todos os requisitos para poder ser debatida e aprobada no Parlamento. “Coidamos que é maneira máis eficaz de demostrar a nosa forza colectiva e de transformar en realidade a necesidade”, afirmou Maceira.
“Unha televisión en galego para crianzas e mocidade”, concluiu, “é necesaria para sermos conscientes, de novo, da potencialidade criadora que hai en Galiza: produtoras, actores e actrices, editoriais, ilusttradoras, escritores e escritoras, músicas de enorme éxito malia as limitacións de difusión por carencias nos medios públicos”. “Día a día demostran ademais que máis que demanda o que hai é necesidade, como a hai para calqeura sociedade avanzada mais que no noso caso é urxencia”, asegurou, “como demostra esta iniciativa que nace coa participación de ducias de colectivos do sector da cultura mais tamén das asociación de nais e pais, orgnizacións xuvenís, a grande maioría da representación sindical do profesorado galego ou os xa máis de 200 estabelecementos comerciais onde se recollerán as sinaturas nos próximos días asi que a Xunta electoral valide, sele e numere os pregos onde se recollerán”.
Máis información e materiais: https://www.amesa.gal/xabarin
Achegamos unha fotografía da presentación desta mañá en Compostela (tedes máis dispoñíbeis para descarga, xunto con audios de Celia Armas e Marcos Maceira, aquí), na que aparencen Marcos Maceira e Celia Armas (A Mesa pola Normalización Lingüística), Pablo Díaz, Paco Cerdeira (Paco Pakolas e A gramola gominola), Fran Amil (Chuches Amil), Diego Roca (Uxía Lambona) e Sergio Rodríguez (Troula), Fran Rei (Pallasos en Rebeldía, Nacho Fungueiriño (Culturactiva), Camilo Franco (AELG), Iria Taibo (AGPTI), Andrés Bellas (Asociación de Profisionais da Dobraxe), Fernando Lacaci (ANPAS Galegas), Mar Lois (ANEGA), Artai Gavilanes (Erguer), Antón Costa (Nova Escola Galega), Patricia Varela (AS-PG), Xesús Bermello (CIG Ensino), Maica Couto (STEG), Marília Inês Cunha de Oliveira (CSIF Ensino) e representantes sindicais da CRTVG.






















A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.



