Lourenzá, 25 de setembro de 2020. Os días 2, 3, 4, 10, 17 e 24 de outubro poderán coñecerse os principais atractivos do concello de Lourenzá a través da Ruta da Faba. Nas dúas primeiras xornadas serán en horario de tarde e nas catro seguintes desenvolveranse de 10:00 a 18:00 horas.
Esta iniciativa foi presentada hoxe, venres, no Centro de Interpretación da Faba, onde a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explicou que a Ruta da Faba “é un proxecto que xurdiu no ano 2017 e que está dando os seus froitos porque á xente gústalle moito vir a vivir esa experiencia”. Tamén comentou que este ano “imos ter unha Festa da Faba distinta, marcada por desgraza por todas as circunstancias que nos están afectando polo Covid”.
Ademais a rexedora municipal fixo referencia á vinculación con Lourenzá do presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Fran Cajoto, quen dixo: “aquí síntome na casa porque desde neno todos os domingos andaba correndo polas rúas de Vilanova. Meus avós son de aquí e faime especial ilusión presentar unha campaña na que colabora fortemente a Mancomunidade nun pobo que sinto como meu”.
Fran Cajoto destacou que “se pensamos en Lourenzá pensamos na faba. Grazas ao traballo dos que aquí nos acompañan púxose no foco un produto de gran calidade, que sae de Santo Tomé, de San Xorxe, de San Adriano, … e que xa se estendeu ao resto da Mariña, co traballo de tantos agricultores”. E engadiu: “temos que seguir revitalizando o sector primario e conectándoo cos grandes profesionais da hostalería que temos na Mariña”.
Ademais o presidente da Mancomunidade rematou comentando que “este ano é un pouco distinto, pero estou encantado de colaborar e de que a faba siga soando e dando traballo. O teito non está aínda acadado senón que sumando todos xuntos vamos seguir gozando desta marabillosa legume, que nos vai dar moitos éxitos seguro grazas ao traballo dos que o facedes posible”.
O presidente da cooperativa Terras da Mariña, José Cuadrado, explicou que esta ruta “despois duns meses de stand by, forzados polo Covid, decidimos agora, aproveitando as datas de celebración da Festa da Faba, poñela en marcha e ofrecela a todos aqueles visitantes, turistas e xente da comarca que a queiran coñecer. É unha ruta moi completa para poñer en valor todo o noso patrimonio (artístico, cultural, paisaxístico, natural e gastronómico). Ademais a xente que participa leva unha idea do traballo que hai detrás da faba e dáselle visibilidade aos agricultores, que grazas a eles conseguimos este produto de gran calidade”.
José Cuadrado salientou que nesta ocasión hai dúas novidades nesta ruta porque algúns días “vaise facer en horario de tarde cunha cea espectacular no Pazo de Tovar, onde se poderá gozar, desde o alto da torre, do atardecer e da posta do sol mirando as plantacións do val. E ademais nesta ocasión vai haber a posibilidade de facer a ruta en bugui ou en coches particulares”.
O apartado gastronómico da ruta, coas degustacións da faba, levarase a cabo no restaurante Forno de Tovar. O responsable e cociñeiro do establecemento, Jorge López, explicou que “o produto é de 10 e nesta época está no mellor momento do ano porque podemos gozar dela tanto en fresco como en seco. En canto ao menú acompañamos sempre a faba de produtos autóctonos, de quilómetro 0 na medida do posible. Neste caso o primeiro prato será de fabas con porco celta e cogomelos; no segundo prato serán con bacallau porque é un peixe que temos no seu punto óptimo durante todo o ano; e para rematar farémolas con galiña de Mos, que é unha das mellores razas de galiña e apostamos por ela porque sempre cumpre”.
Na presentación estiveron tamén o concelleiro de Cultura laurentino, Manuel Arango; as técnicas de Turismo da Mancomunidade da Mariña e do Concello de Lourenzá, Tania Hermida e Justa Rodríguez; e o propietario do Pazo de Tovar, José Ventoso.
Para participar na Ruta da Faba de Lourenzá as reservas poden facerse a través do teléfono 646.384.124 e do correo electrónico lourenzaturismo@outlook.es.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



