Lugo, 17 de setembro de 2020. Este venres 18 de setembro remata o prazo para solicitar as axudas a asociación culturais convocadas pola área de Cultura, cun importe total de 230 mil euros.
A vicepresidenta e deputada de Cultura, Maite Ferreiro, animou “aos colectivos da provincia que aínda non o fixeron a solicitar as achegas, tanto para a organización de actividades de dinamización cultural como para acondicionar ou mercar equipamento para os seus locais”.
Desde a área de Cultura, consideramos prioritario protexer o tecido asociativo, contribuír a que afronten nas mellores condicións estes tempos de incerteza. A súa continuidade é fundamental para a dinamización e a creación cultural en todo o territorio”, incidiu Ferreiro.
A tramitación das solicitudes debe facerse a través da sede electrónica da Deputación de Lugo. As bases da convocatoria e os formularios necesarios para completar o procedemento poden descargarse na web cultura.deputacionlugo.gal.
Ademais da calidade e interese do proxecto ou actuación desde o punto de vista cultural, patrimonial e etnográfico, para a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, valorarase as iniciativas que promovan a igualdade de xénero, a integración de persoas con capacidades diferentes ou as relacións interxeneracionais. Tamén se considerará a dispersión territorial e poboacional do municipio no que a asociación teña a súa sede.





















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



