A Mariña, 9 de outubro. Hoxe,venres, 9 de agosto, a multinacional Alcoa executou a súa ameaza de despedir a 534 trabajadoresy traballadoras e así deixar un deserto industrial na comarca da Mariña. A pesar diso, e como foi desde o mes de maio, cando Alcoa anunciou as súas intencións, CCOO Industria Galiciautilizará todas as medidas xurídicas posibles co fin de reverter os despedimentos expostos. Tal e como viñemos anunciando desde a presentación deste expediente, a mala fe por parte de Alcoa foi unha constante que culminou co abandono unilateral dun proceso de venda ao que se comprometeron.Non é a primeira vez que Alcoa toma o pelo aos seus traballadores en España e ás Administracións Central e Autonómica. A súa mala praxe xa quedou demostrada na venda dos seus centros da Coruña e Avilés avocados a ser comprados por un fondo de investimento sen solvencia que chegou da súa man, co fin de que nunca se volvese a producir aluminio nesas plantas.CCOO Industria –Galicia esixe ao Goberno Central e Autonómico que actúe de forma contundente #ante semellante decisión tal e como viñeron anunciandoy prometendo aos traballadores.
