Burela, 14 de outubro de 2020. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, asistIu a unha xuntanza en Moeche para falar do tren que percorre a costa desde Ribadeo ata Ferrol. No encontro participaron seis rexedores así como técnicos de Renfe. Para Llano o tren é un servizo fundamental para o desenvolvemento económico e social de toda esta zona, desde A Mariña ata Ortegal e Ferrolterra, que hai que manter, potenciar e desenvolver aínda que dea perdas. Alfredo Llano agarda que antes de finais de ano se reúna a comisión técnica de seguimento creada no seu día. O alcalde burelés considera necesario que a esa xuntanza asistan todos os alcaldes dos concellos polos que discorre o tren, así como responsables de Renfe e Adif.
Alfredo Llano contou que “xa hai meses que tíñamos solicitado unha reunión con representantes de Adif e de Renfe. Había unha comisión conformada xa que comprendía a zona de Ferrolterra, de Ortigueira e da Mariña. Hoxe tivemos unha xuntanza, onde estivemos representantes de Ferrol, de Ortigueira, de Cerdido, de San Sadurniño, de Moeche e de Burela, concretamente os alcaldes. Hoxe por primeira vez, veu o representante de Renfe para Galicia, ademais de varios técnicos tanto de Adif como de Renfe”.
O rexedor burelés explicou que “estivemos falando do que nos preocupa. Realmente o que defendemos é contar cun servizo público como é o tren con todas as garantías de futuro, que se atenda ben, que sexa un servizo empregado, publicitalo e aproveitalo para darlle saída a moitas cuestións da comarca, desta zona do Cantábrico, que axude a desenvolver tanto no social como no económico a zona da Mariña, de Ferrolterra e de Ortigueira. Na reunión deuse un repaso ao que está sucedendo agora que hai menos servizos, que hai menos cadencia de trens e menos atención nas estacións. Argumentan que a pandemia tivo a culpa e penso que aí teñen razón. A pandemia condicionou moitísimo o uso do tren, as cadencias dos horarios e un pouco todo. Pero nosoutros agora mesmo estamos pensando no futuro, que se manteña esa intención clara que nos dea confianza en que imos poder seguir cun tren de calidade nos próximos anos”.
O alcalde sinalou que “hoxe se aclararon algúns temas e os representantes de Renfe e de Adif fundamentaron todo no aspecto mercantil, que se hai moi pouco usuario, que se gasta pouco neste servizo. Pero eu penso que agora estamos saíndo como mellor podemos desta situación e temos que pensar en futuro. Non podemos defender só desde o punto de vista mercantil o uso ou non dun servizo público como o tren. Temos que pensar que é algo fundamental, algo que aínda que teña perdas debe existir. Non é crible que no metro de Madrid se hai unha estación que funcione mal o metro pase de largo. Hai que pensar que é un servizo público que hai que manter, potenciar e desenvolver. Nosoutros manifestamos a nosa preocupación, que queremos que se volva desenvolver de tal xeito que sexa empregado”.
Alfredo Llano engadiu que “a conclusión da reunión foi que van mirar, estudar e volver recuperar a cadencia dos trens con mellores máquinas. Nosoutros queremos que se tomen decisións que realmente nos sirvan para ter algo de confianza. Quedamos en organizar unha reunión, a ver se pode ser antes de que acabe o ano, onde haxa responsables que poidan tomar decisións políticas de calado para apostar por este medio. Eu fixen unha proposta para contar nesa reunión con todos os alcaldes, desde Ferrol ata Ribadeo, para tomar unha decisión en firme, para apoiar, defender e sacar conclusións definitivas que dean confianza. Imos tratar de xuntarnos para defender entre todos un servizo que é fundamental, que se debe desenvolver e contar con todas as garantías de supervivencia. Para iso hai que contar con decisións claras para este medio que no futuro vai ser fundamental para o desenvolvemento integral da nosa comarca”.




















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



