Viveiro, 14 de outubro de 2020. O grupo de goberno do Concello de Viveiro ten previsto levar ao pleno de novembro a proposta da alcaldesa, María Loureiro, para ceder á Asociación de familiares de persoas con alzheimer e outras demencias (AFA Viveiro) o uso do inmoble de titularidade municipal ubicado na rúa Irmáns Vilar Ponte, 23, segundo a solicitude e documentación presentada ao efecto pola asociación.
Para isto, o concello realizou todos os trámites necesarios e, neste momento, o expediente atópase no trámite de información pública, previo á adopción do correspondente acordo plenario de cesión de uso.
AFA Viveiro mantivo xuntanzas cos representantes de todos os grupos da corporación conseguindo o seu apoio de cara ao acordo de cesión dun local de titularidade municipal no que desenvolver a súa actividade, consistente en información e asesoramento á poboación en xeral, apoio ao coidador e apoio á persoa enferma.
Dende o equipo de goberno sempre se prestou o seu apoio e colaboración con esta asociación, que vén desenvolvemento unha gran labor co fin de mellorar a calidade de vida dos doentes e dos seus familiares, mediante a cesión de uso das instalacións utilizadas actualmente nos Claustros de San Francisco; no seu momento, coa posta a disposición de persoal ou, actualmente, coa concesión dunha subvención nominativa.
Con este cambio de ubicación, AFA Viveiro quere desenvolver un importante proxecto de futuro, dando servizo a máis usuarios e ampliando a súa capacidade, nunhas instalacións máis adaptadas ás súas necesidades.
Coa tramitación deste expediente de cesión, para o que se agarda contar co voto favorable dos concelleiros e concelleiras do PP, de Por Viveiro, do BNG e Grupo de Non Adscritos, preténdese manter esta colaboración que permitirá a ampliación dos servizos e actividades ofrecidos pola asociación.




















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



