Ribadeo, 14 de outubro de 2020. APAGA organiza unha nova fin de semana tecnolóxica, que se celebrará os días 17 e 18 de outubro no centro Pedro Murias, de Ribadeo. A temática será a análise de gases nos vehículos. Asistirán dez persoas, seguindo as directrices marcadas polas autoridades sanitarias autonómicas. O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, asegura que a actividade formativa ten que continuar a pesares do Covid-19.
Doural anunciou que “nesta ocasión, dentro do que é o paquete formativo de sistemas auxiliares do motor. A temática será a análise de gases nos vehículos. Vaise falar de temas como a inxección diésel con bombas mecánicas, o GLP, etc. O curso vai durar sábado e domingo. Son dez persoas, no centro Pedro Murias, o límite máximo. Neste momento aínda queda unha praza por se a alguén lle interesa vir, pero o número está limitado e mais desde onte coa comunicación que realizou o goberno galego”.
O presidente de APAGA comentou tamén que “nós iniciamos as mobilidades outra vez con moita incerteza ata o último momento, no tema de vós sobre todo. Neste momento temos xente en Croacia, en Portugal e en Italia. Está claro que hai que continuar a formación, pero as condicións de traballo son tremendas, con niveis de risco, non soamente a nivel de saúde, senón económico. Hoxe hai un voo e mañá xa non o hai. Pero hai que seguir e eu penso que temos unha obrigación de que isto non se pare, dentro de tomar as medidas de seguridade e hixiénicas que hai que tomar neste momento e que creo que son sobradamente coñecidas por todos nós. A xente que está saíndo vai con PCR feitos 72 horas antes. Estanse tomando as medidas que hai que tomar. Despois un pouco é ter sorte”.























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



