Cervo, 26 de outubro de 2020. O BNG cervense criticou a pasada semana a xestión da empresa concesionaria do Centro de Día-Residencia de San Cibrao (CDR) e os problemas que a avaría do único elevador estaba ocasionando nas persoas usuarias. Tras a reparación realizada aos poucos días de que o BNG sacase o problema á luz, os concelleiros nacionalistas consideran “unha boa noticia que a avaría do elevador fora resolta antes do previsto”.
Diego Fernández e Xorxe Caldeiro son conscientes de que o centro cumpre coas instalacións mínimas legais regulamentarias, pero rexeitan que iso sexa motivo para a inacción e consideran que o obxectivo debe ser mellorar as dotacións para evitar situacións problemáticas coma esta no futuro: “é necesario aprender dos problemas e por iso esiximos melloras na xestión por parte da concesionaria e maior rigor no control por parte do Concello de Cervo, como titular do CDR, ao que reclamamos un proxecto para a instalación dun segundo elevador no centro que evite no futuro situacións problemáticas innecesarias como as sufridas en días pasados como o confinamento forzoso de persoas residentes impedidas a saír do seu andar durante dias, un feito que consideramos inasumíbel, ou o sometemento a esforzos inhumanos que soportou o persoal do centro que mesmo costaron algún accidente”.
Dadas as carencias estruturais, instan ao goberno municipal e ao alcalde como responsábel principal, a esixir á empresa concesionaria “un protocolo que, no caso dunha nova avaría do elevador, evite a perda de mobilidade e calidade asistencial das persoas usuarias”, así como “un plan de continxencia que permitan contar cun cadro de persoal suficiente que evite o colapso e mellore a calidade do servizo”.
A empresa concesionaria debería dedicar os seus esforzos a mellorar a xestión en lugar de ameazarnos con interpor unha querela
Diego Fernández e Xorxe Caldeiro poñen en coñecemento da veciñanza que recibiron un correo electrónico dun representante legal da empresa concesionaria do CDR, Mensajeros de la Paz, “no que se instaba ao BNG, un día despois da publicación das críticas pola xestión da concesionaria, a retirar nun prazo de 24 horas o comunicado publicado nas nosas redes sociais e emitir un novo comunicado de desculpas baixo ameaza da interposición dunha querela”, informaron os concelleiros nacionalistas.
Os concelleiros cervenses afirmaron que, “como é obvio, ao BNG o único que o move é a preocupación por que as persoas usuarias do CDR obteñan o mellor servizo, tanto en calidade como en cantidade, porque é o que merecen e porque ademais pagan xenerosas cantidades á empresa concesionaria, que xestiona un ben público sometido a control público”. Sobre o control público que debería exercer a administración local, pero que non exerce, afirman: “Se o goberno municipal non fai o seu traballo de control, ímolo facer nós, porque entendemos que para iso fomos escollidos como representantes polas veciñas e veciños. Sempre que existan situacións lesivas para a dignidade e a calidade asistencial das persoas usuarias que son vítimas indefensas da súa xestión, o BNG denunciará esas situacións”. Neste sentido, recomendáronlle á concesionaria “que dedique os seus esforzos a mellorar a xestión e non a andar con avogados e ameazarnos”, concluíron.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



