Cervo, 26 de outubro de 2020. O BNG cervense criticou a pasada semana a xestión da empresa concesionaria do Centro de Día-Residencia de San Cibrao (CDR) e os problemas que a avaría do único... Ler máis
Cervo, 26 de outubro de 2020. O BNG cervense criticou a pasada semana a xestión da empresa concesionaria do Centro de Día-Residencia de San Cibrao (CDR) e os problemas que a avaría do único... Ler máis
A presentación estivo moi concorrida estando presentes entre o público familiares, que agradeceron o recoñecemento á figura do escultor. Asistiron o Presidente da Xunta de Confrarías José Veiga e o Vicepresidente José Luis Couceiro. Interviñeron en mesa o Director do Museo, o autor e o Presidente da Xunta de Confrarías.
O achado produciuse na lagoa de Cospeito. Ata alí acudiron os Bombeiros de Vilalba, que recuperaron o corpo. O 112 Galicia tivo coñecemento da desaparición da muller ás 23:30 horas da pasada noite, a través dos axentes da Garda Civil. A partir de aí, activouse un operativo, coordinado pola Garda Civil, no que tamén interviñeron membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Vilalba e os voluntarios de Protección Civil de Meira.
O acto consistiu na proxección dun vídeo con fotos da súa etapa en Infantil e despois de que lles impuxeran o birrete entregáronlles diploma e orla para rematar cantando unha canción. As súas titoras e titor -Judit, Mar e Jacob- destacaron o traballo deste alumnado que para setembro xa será de Primaria e desexáronlles sorte na nova etapa.
Este obradoiro terá duración de catro sesións e realizaranse nas instalacións da Escola Municipal de Música, en Palmeiro. Está destinado a todos os rapaces dende primeiro de primaria en diante que lles guste a música. Poderán utilizar o instrumental do que dispón a Escola de Música. Para inscribirse terán que cumprimentar unha folla de inscrición, e entregala presencialmente na Escola de Música o primeiro día do taller. O obradoiro realizarase os sábados 3, 10, 17 e 24 de xuño en horario de 11:00 a 12:00 h, finalizando a actividade coa participación conxunta no Concerto de Fin de Curso da escola de Música.
Os feitos transcorreron no marco dunha festa na localidade mariñá, onde se producira unha agresión de diversa consideración a dúas persoas de orixe caboverdiano e paquistaní. A Garda Civil detivo a dous veciños deste concello, de 33 e 44 anos de idade, como supostos autores deste delito de lesións. A investigación policial continúa aberta non descartando novas detencións.
Nestes tempos en que todos os indicadores apuntan a un aumento dos accidentes de traballo e, polo tanto, a un repunte da siniestralidade laboral, é un orgullo para o centro poder contar con este distintivo que, por desgraza, moi poucas empresas acadan. "Desde o Martínez Otero continuaremos traballando nesta liña de prevención da saúde física, mental e social que tantas veces pasa desapercibida e que nós consideramos de vital importancia".
Os pequenos e pequenas celebraron a primavera a través desta festa popular de exaltación da natureza e desfrutaron dunha divertida merenda ao aire libre.
Adxuntamos foto.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital