Burela, 29 de outubro de 2020. O Concello de Burela emitiu un Bando coas medidas de prevención que se levarán a cabo nos cemiterios do municipio diante da festividade de Todos os Santos e Defuntos co obxectivo de previr a expansión do covid. O cemiterio estará aberto desde hoxe ata o 2 de novembro en horario de sete da mañá a nove da noite. Establécese un máximo de catro persoas por grupo de visitas e un tempo máximo de estancia no camposanto de trinta minutos. Ademais os aseos estarán pechados.
O alcalde burelés, Alfredo Llano, dixo que “emitimos un Bando onde figuran as medidas xerais de prevención que está de acordo coa normativa tanto do Goberno central como da Xunta de Galicia, polo tanto establece o cumprimento obrigado desas medidas”.
O rexedor sinalou que “concretamos cinco medidas que establecemos que deben ser prioritarias e que conforman unha boa situación para organizarse na visita aos cemiterios durante todos estes días. Desde a publicación deste bando hoxe, xoves, ata o día 2 de novembro poderanse realizar as tarefas de limpeza e conservación dos nichos ou tumbas por parte dos familiares nun horario comprendido entre as sete da mañá e as nove da noite. Penso que é un horario abundante para poder facer todas estas tarefas. Ademais permitirase un máximo de catro persoas por grupo e haberá que respectar o espazo que lle corresponde a cada un sen aglomerarse excesivamente. A duración das visitas non deben superar en ningún caso os trinta minutos. Cremos que debe ser suficiente para estar alí facendo as labores que correspondan”.
Llano engadiu que “tampouco se van poder utilizar os aseos porque vai ser pouco tempo de permanencia no cemiterio e ademais non podemos estar aí limpando constantemente. Imos poñer material suficiente para se hai que utilizar a billa ou as escaleiras e pedimos ás persoas que o empreguen que o deixen como estaba para as outras que poidan ir alí”.
O alcalde referiuse ao covid e pediu colaboración á veciñanza: “imos procurar ter entre todos a corresponsabilidade que nos toca. Hai que ter en conta que Burela foi un exemplo clarísimo no mes de xullo de como comportarse. Eu apelo a esa responsabilidade que se amosou daquela, o que nos levou a ter un éxito extraordinario. Eu sei que a xente de Burela realmente está tendo un comportamento exemplar. Quero dar as grazas por colaborar sempre pensando no ben común e en atallar a expansión do coronavirus”.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



