Mondoñedo, a 4 de outubro de 2020.- O Concello de Mondoñedo ten na súa folla de ruta a mellora de maneira continuada das vías da súa titularidade. Nesta liña, agora destina máis de 86.000 euros á pavimentación, mediante aglomerado en quente, de pistas na parroquia dos Remedios, concretamente en Cesuras e en Curuxeiras. As obras, que xa deron comezo, teñen un prazo máximo estimado para a súa execución dun mes segundo o proxecto.
Os traballos que se levarán a cabo serán de limpeza superficial de marxes, cunetas, plataforma, así como preparación do firme, bacheado e rexeneración a base de aglomerado en quente.
As pistas de Cesuras sobre as que se actuará son as que comunican con Santa Margarita, comprendidas entre a estrada N-634 e a vía provincial PR-31-06. Por outro lado, inclúense as vías que van desde Mondoñedo ao núcleo de Curuxeiras, accedendo ao núcleo desde A Tolda e desde Carroceiras.
Parte das pistas están incluídas dentro de solo de núcleo rural, histórico tradicional e o resto en solo rústico, e, dentro deste, hai partes que teñen protección por infraestruturas e outros por augas.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



