Madrid, 16 de outubro de 2019. O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana ( Mitma) iniciou a fase de construción de prototipos e experimentación en campo de solucións innovadoras para resolver os problemas causados pola néboa á circulación viaria no tramo da Autovía
A-8, entre Mondoñedo e A Xesta, na provincia de Lugo.
Mitma formalizou a finais de 2019 sete contratos de servizos de investigación e desenvolvemento da “Compra Pública Precomercial ( CPP), para o deseño, implementación e experimentación con prototipos de tecnoloxía innovadora relativa a sistemas de protección antinéboa na Autovía A-8, entre Mondoñedo e A Xesta”. Tres deles,
(correspondentes ao lote 1), para o desenvolvemento de solucións
innovadoras baseadas en sistemas de axuda á condución en situacións
de néboa, e os catro restantes (lote 2), para o desenvolvemento
de solucións innovadoras baseadas en sistemas que actúan sobre a
néboa, mediante o seu illamento, eliminación ou desprazamento.
O importe total dos citados contratos de servizos é de 5,64 millóns de euros.
A Compra Pública Precomercial ( CPP) está cofinanciada nun 80% a través do Programa Innocompra do Ministerio de Ciencia e Innovación, mediante o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014-2020. Para facelo posible, Mitma asinou en 2017 un Convenio FID (Fomento da Innovación Empresarial desde a Demanda), co entón encargado do programa, o Ministerio de Economía, Industria e Competitividade.
Esta iniciativa contribúe á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) cos que está comprometido o Mitma,
concretamente ao ODS 9: Industria, Innovación e Infraestrutura.
Compra Pública Precomercial. Fase de experimentación en campo
A CPP está a desenvolverse en competencia por fases temporais de carácter eliminatorio e de forma independente para cada lote. Nese
marco, iranse seleccionando progresivamente as mellores solucións
para resolver a problemática existente. Así, contémplanse no prego de condicións do procedemento as seguintes fases temporais:
− Fase 1, recentemente finalizada, de demostración da viabilidade das solucións propostas. Cada un dos adxudicatarios realizou os estudos e demostracións necesarios para demostrar a eficacia e a viabilidade técnica e económica da súa proposta.
− Fase 2, de construción e experimentación en campo a escala real cos 4 prototipos seleccionados da fase 1 (2 por cada lote), con obxecto de verificar o correcto funcionamento dos desenvolvementos teóricos nunha contorna real nas condicións de néboa características do tramo da A-8 entre Mondoñedo e A Xesta. Esta Fase 2, que agora se inicia, virá condicionada pola presenza de eventos de néboa durante o período de realización das probas.
As dúas propostas correspondentes ao lote 1 de axuda á
condución, que superaron a fase 1 consisten en:
Un sistema de balizamento lateral da vía con luz láser,
Un sistema de sinalización horizontal con tecnoloxía LED proxectada sobre a calzada,
No caso das dúas propostas correspondentes ao lote 2 sistemas que actúan sobre a néboa, que superaron a fase 1, baséanse en:
Un sistema de difusión automático por aspersores de materiais
higroscópicos.
A combinación de barreiras estáticas e barreiras dinámicas que
empregan dispositivos fluído-mecánicos.
Unha vez validada a tecnoloxía ensaiada, procederase a unha
contratación convencional para a construción dos sistemas
antinéboa seleccionados para resolver a problemática existente.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



