Lugo, a 27 de outubro de 2020. O Grupo Provincial do PP ofreceu a súa colaboración para a elaboración dos orzamentos da Deputación de Lugo para o ano 2021. Así o trasladou de novo o voceiro, Javier Castiñeira, despois de facer público este ofrecemento días atrás reclamando a convocatoria dunha sesión da Xunta de Voceiros a través dun e-mail dirixido directamente á Presidencia ou da Comisión de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas.
O popular reclamou, polo tanto, unha reunión de forma inmediata de tódolos grupos para traballar “na elaboración dun orzamento que teña en conta as consecuencias da crise provocada pola covid-19 e que non deixe atrás a ningún concello, colectivo ou veciño da provincia”.
Castiñeira sinalou que a recuperación económica, o emprego e o mantemento das infraestruturas son as principais preocupacións dos populares. Así, en relación ás infraestruturas, os populares pediron, concretamente, unha partida orzamentaria nos orzamentos da vindeira anualidade para acometer o arranxo dos seis quilómetros que faltan da estrada LU-P-1301, que comunica Folgoso do Courel e Pedrafita do Cebreiro. Igualmente, sinalaron a necesidade de realizar obras de mellora e acondicionamento nos accesos ao núcleo de Pintín (Sarria) da estrada LU-P-5602 Samos – Pintín – Sarria; así como a limpar as cunetas e encauzamentos de augas.
Estes son dous exemplos do mal estado no que se atopan as vías provinciais que dependen da delegación de Vías e Obras que dirixe o propio presidente e que se atopan nun estado de “abandono” tal e como sinalou o deputado José Antonio García. Entendendo que Tomé está a descoidar esta delegación porque cren que “non da para máis”; xa teñen proposto que ceda a área a outro deputado do Goberno.
Recuperación do IVE do 2017 e nova lei sobre a ocupación ilegal de vivendas
O Grupo Provincial do PP propuxo instar ao Goberno a que ingrese ás entidades locais as contías do IVE non liquidadas correspondentes ao exercicio 2017 como consecuencia da implantación do subministro inmediato de información (SII) que supuxo un desprazamento de ingresos do ano 2017 ao ano 2018. A través desta moción súmanse ao Goberno galego, a FEMP e a FEGAMP que teñen reclamado unha solución en varias ocasións.
Os populares pediron que o Ministerio de Hacienda ingrese á Deputación de Lugo os 3.992.688,74 euros que lle corresponden en concepto de liquidación do IVE do ano 2017. Castiñeira sinalou que coa recuperación destes cartos a Deputación podería asinar convenios tamén cos Concellos da provincia que non son gobernados polo PSOE e indicou que “como sabemos que non o van facer, propoñemos dirixir eses fondos ao plan pos-covid para dar axudas ao tecido empresarial e produtivo da provincia que o Goberno provincial rexeitou”.
Por outra banda, propuxeron que o Goberno da Deputación se dirixa ao Goberno de España para que inicie os trámites que permitan mellorar o marco normativo que regula o delito de usurpación de inmobles para combater más eficazmente a ocupación ilegal de vivendas. Sinalaron os populares os problemas que sofren os veciños da cidade de Lugo en determinados barrios por mor da “usurpación” de vivendas, casos que tamén se están a dar noutras localidades coma Sarria ou Monforte.
Sanidade
O Grupo Provincial do PP sinala que “agora mesmo os servizos cos que conta o hospital de Monforte axústanse a criterios técnicos” e defende que “os 15 millóns de euros que prevé investir o Goberno galego no hospital de Monforte desminte os argumentos do PSOE”. Nese sentido, o vicevoceiro segundo, José Antonio García, lamentou que “non sexan capaces de recoñecer a inversión e a calidade da asistencia sanitaria galega” e sinalou que “o PSOE leva sistematicamente 10 anos atacando ao Goberno de Feijóo; pero agora mesmo ninguén os toma en serio”. Proba delo é que “os galegos non lles compran nada como demostran cada catro anos” e, concretamente, na provincia de Lugo defendeu a inversión no hospital da Mariña e no hospital de Monforte.
García sinalou tamén que o PSOE “non foi capaz de concretar ese desmantelamento do que falan porque hai un orzamento récord por parte do Goberno de Galicia de 12.000 millóns de euros para sanidade”. Así mesmo, destacou que “non só a Xunta foi investindo; senón que foi aumentando servizos. Imos ser realistas: vostedes criticaron a lei sanitaria de Galicia cando foron os que a anunciaron”, explicou.
Os populares abstivéronse na votación da proposta do BNG igual que sobre a proposta do Grupo Socialista para reclamar á Xunta que cubra a praza de médico vacante por xubilación no Concello do Saviñao ao rexeitar as emendas que presentaba o Grupo do PP coas que pedían incluír tamén que se cubriran “todas as prazas vacantes da provincia onde sexa necesario” e suprimir a parte na que se pedía que a Xunta poña fin á política de recortes na Sanidade Pública Galega.
A deputada Lola Castro sinalou que, como alcaldesa, “o maior recorte que percibín foi co bipartito” e, como deputada, engadiu que “non é verdade” o que o PSOE traslada; xa que “a Xunta está ampliando o centro médico” que supón un investimento de máis dun millón de euros.
A popular pídelle aos socialistas que “non sexan populistas, non creen alarmismo e non creen problemas onde non existen porque nunca se dixo que se fose eliminar esa praza”. Explicou que “cando se xubilase o médico que na actualidade se atopa de vacacións, se cubrirá a praza segundo a normativa do Sergas” e, polo tanto, “o centro continuará a contar con tres facultativos como ata agora”. Castro cre que o PSOE non debe crear alarma social e que pídelles que “sexan serios cun tema como é a sanidade”.
Reapertura das instalacións deportivas e fluviais da provincia
O Grupo Provincial do PP interesouse por coñecer se o goberno provincial ten algún proxecto, plan ou previsión para a reapertura das instalacións fluviais de Augasmestas, as instalacións deportivas e recreativas de Portomarín, as instalacións do Club Náutico de Belesar – Presa e a cafetería do Embarcadoiro Ponte do Sil.
A diferenza do que manifestara a voceira socialista noutro pleno, nesta ocasión rexeitou dar unha data para a posta en funcionamento destas instalacións da Deputación de Lugo.























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



