Lugo, a 4 de outubro de 2020. Os representantes do PP na Mancomunidade de Municipios da Mariña lamentan “a falta de compromiso do PSOE e do Goberno de Sánchez coa comarca” ao ter denegado o Executivo central o financiamento da parte que lle correspondía do Plan de Sostibilidade Turística que tanto precisa A Mariña e para o que a Xunta mantén o compromiso de financiar a súa parte.
Os populares subliñan “a falta de peso político do PSOE mariñán e da provincia en Madrid” e urxen ao presidente da Mancomunidade e alcalde de Foz, o socialista Francisco Cajoto, “a facer o seu traballo, o de xestionar co Executivo central a aportación necesaria para o plan que recolle un orzamento total de tres millóns de euros, a tres anos, do que debería cubrir entre o 40 e o 45%”. A Xunta aportaría a mesma porcentaxe mentres que o resto correría a cargo da propia mancomunidade. Recordan, así mesmo, que “o responsable da selección dos plans é o Goberno central e foi, polo tanto, o Goberno de Sánchez o que rexeitou apoiar ao da Mariña”.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, di: “Dende A Mariña intentamos facer un traballo conxunto a prol do turismo, e apuróusenos para facer ese traballo e comprometer ás distintas administracións. Pero quen tiña que facer o traballo de xestión non o fixo ben e non houbo compromiso por parte do Goberno do Estado”. Engade: “Deste xeito, os mariñáns perden tres millóns de euros, que é unha cantidade moi importante. A Xunta reservou a súa aportación e mantén o compromiso, en cambio non houbo compromiso por parte do Goberno presidido por Pedro Sánchez, e quedou de manifesto a falta de peso político do presidente da mancomunidade”.
A mindoniense Elena Candia, deputada autonómica e presidenta provincial do PP, fai fincapé en que o presidente da mancomunidade ten que facer as xestións necesarias para que o Goberno aporte a porcentaxe correspondente, xa que a Xunta mantén o seu compromiso de financiamento.
O rexedor do Vicedo, Jesús Novo, fala de “ineptitude na xestión” por parte do presidente da Mancomunidade ao que “parece que os seus propios compañeiros non lle fan moito caso”. Novo sinala a responsabilidade do Goberno sobre o rexeitamento do plan da Mariña, mentres que destaca que “a Xunta cumpriu a súa parte e comprometeu orzamento para levar adiante este plan”.
O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, sinala: “O PP non quere entrar en guerra nun asunto coma este, porque cre que é conveniente ter unha imaxe de unión. Pero iso non rebaixa a responsabilidade do presidente da Mancomunidade. A Xunta ten orzamento comprometido para este plan e el ten que defender os intereses da Mariña, neste caso este proxecto, diante das administracións”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



