Cervo, 24 de novembro de 2020. O alcalde, Alfonso Villares e a edil de Educación, Dolores García Caramés, supervisaron este mediodía a actuación de mellora integral das instalacións do CEIP de Cervo, en compañía do delegado territorial de Lugo, Javier Arias, do director do centro, Manuel Martínez e da Xefa Territorial de Educación, Mariña Gueimunde; que supuxeron un investimento da Xunta de Galicia próximo ao millón de euros.
Villares quixo agradecerlle á Administración autonómica “a súa resposta inmediata ás demandas municipais”, priorizando esta actuación en Cervo entre máis de 1000 centros de ensinanza de toda a comunidade; “xa que o noso CEIP foi un dos 22 colexios rehabilitados pola Xunta ao amparo dos fondos de superávit, por un importe total de 21,4 millóns de euros”; polo tanto –engadiu o rexedor- “non podemos máis que reiterar o noso agradecemento e considerarnos uns privilexiados” por poder contar hoxe, grazas a esa gran mobilización de cartos públicos, “cun centro moderno e completamente renovado”, o que garante tamén a continuidade no futuro deste colexio, cuxa inauguración data do ano 1983.
A obra de renovación integral supuxo actuacións na carpintería exterior e interior (fiestras, portas, persianas), mellorouse o illamento das fachadas e executáronse traballos de albanelería; substituíronse as luminarias existentes por outras de baixo consumo e tecnoloxía LED. Ademais, realizáronse traballos xerais de acondicionamento interior (falsos teitos, reparación de tabiques, pintado de aulas, novo sistema eléctrico). O proxecto tamén contemplou a instalación dun ascensor (ata o de agora non había) co que se incidiu na mellora da accesibilidade, e reformas na instalación de climatización e a renovación dos aseos (pavimento antiescorregadizo con baldosa porcelánica, billas e aparatos); entre outras actuacións.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



