
Foto de arquivo
Lugo, 8 de novembro de 2020. Este luns abre o prazo para solicitar as axudas para os obradoiros artesáns convocadas polo Centro de Artesanía e Deseño. Ata o vindeiro 27 de novembro, as persoas titulares de obradoiros ubicados na provincia e inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia poderán tramitar a achega, de 1.500 euros, para sufragar gastos correntes de funcionamento dos talleres.
O deputado de Artesanía e Deseño Efrén Castro explicou que “se trata dunha liña de axudas extraordinaria, coa que se pretende contribuír a amortiguar o impacto da crise sanitaria sobre o sector da artesanía, moi prexudicado pola suspensión de feiras, mercados e outros eventos culturais nos que habitualmente comercializan os seus produtos”
A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios telemáticos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo sede.deputacionlugo.gal. O Centro de Artesanía e Deseño informará e atenderá consultas sobre o procedemento no teléfono 982 21 00 66 /ext. 1366
As subvencións concederanse atendendo ao orde de entrada de solicitudes no Rexistro Xeral da Deputación ata esgotar o orzamento destinado as mesmas, que ascende a 79.500 euros.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



