Burela, 13 de novembro de 2020. O alcalde, Alfredo Llano, felicita á poboación de Burela por lograr conter a covid e baixar de nivel nos últimos días. O rexedor agarda que a Xunta explique ben por qué algúns concellos con nivel vermello non están afectados polo peche da hostalería nin pola restrición da mobilidade e os que melloraron, como é o caso de Burela, o sigan sufrindo.
O rexedor dixo que “seguimos agardando ao que diga o comité clínico que estivo reunido, tanto o martes como hoxe, para decidir como se continúa co peche perimetral ou a que nivel nos teñen con respecto a salvagardar os contaxios do virus. Teño que dicir que hai que felicitar a toda a veciñanza de Burela dado que, desde que comezou a semana pasada este peche, vemos que se mellorou dunha forma clara. Estabamos en nivel roxo e estamos agora en nivel amarelo, o que quere dicir que estamos en nivel 1 de alerta, polo tanto imos moi ben. A taxa acumulada de catorce días tamén se mellorou moitísimo, polo tanto estamos asistindo a unha mellora integral de todo o concello porque a corresponsabilidade e a forma de levar os protocolos están dando un resultado total”.
Alfredo Llano comentou que “era a nosa intención ver se era posible abrir xa e situarnos no paso anterior, antes de entrar esta normativa, que permitía estar no estado de toque de queda pero con movemento económico, na hostalería sobre todo, e poder recuperar polo menos a mobilidade e poder saír do contorno do concello. Imos ter que agardar ao próximo martes a ver que é o que ocorre. Nosoutros como concello estamos respondendo dunha forma total e tamén se debe ver reflectido isto nas decisións novas que se están tomando. Todo hai que pensalo loxicamente para garantir a sanidade e a saúde, pero tamén hai que equilibrar e ver como podemos facer para dalgunha maneira aproveitar este estado de mellora e ir abrindo pouco a pouco o equilibrio socioeconómico. Quero felicitar ao pobo de Burela porque imos extraordinariamente ben”.
O alcalde insistiu en que “agora temos que agardar e espero que o próximo martes, que se reúne o comité clínico, se decida en función dos parámetros que están saíndo agora que vemos que vamos moi ben. Pero tamén hai que pedir que isto se explique desde o comité clínico, desde a Xunta de Galicia, porqué neste estado estamos confinados e vemos como hai concellos que están en alerta roxa e sen embargo están sen esta medida de peche perimetral. Iso teñen que explicalo ben para que se entenda, para que motive á xente a seguir participando, a seguir colaborando e corresponsabilizándose do que está ocorrendo, porque temos que ter a situación ben explicada e entendela para seguir motivando á veciñanza a que siga comportándose como ata agora. Imos agardar ao próximo martes e a ver se con estas melloras podemos recuperar o estado anterior a esta medida”.
Alfredo Llano agarda que a Xunta explique por qué algúns concellos con nivel vermello non están afectados polos peches e os que melloraron, como é o caso de burela, sigan con eles
-
Anterior
O ciclo de charlas médicas de Foz, organizado polo Concello e polo Hospital Público da Mariña, comezou na tarde noite de onte. O doutor José Manuel Suárez Lorenzo, especialista en medicina preventiva no centro sanitario de Burela, falou de cómo enfrontarse ao Covid. Foi presentado polo alcalde focense, Fran Cajoto




















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



