Lugo, 27 de novembro de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, entregou hoxe á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e ao deputado provincial de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, 50.000 mascarillas que o Goberno fai chegar desta volta aos concellos da provincia de Lugo.
A subdelegada destacou que “nesta nova campaña de distribución de mascarillas que leva a cabo o Goberno, a quinta desde o comezo da pandemia do coronavirus, entregamos 50.000 unidades aos concellos da provincia de Lugo e a semana que vén completaremos a campaña coa entrega doutro lote a Cruz Vermella, Cáritas e Cermi”.
Isabel Rodríguez remarcou que “as mascarillas son un elemento fundamental para a nosa protección”, polo que advertiu “a todos os lucenses da necesidade de que fagan un uso correcto deste elemento de protección, para coidar da nosa saúde e a dos outros, e pídolles, unha vez máis, que non baixen a garda e que respecten todas as normas sanitarias dispostas polas autoridades competentes”.
Rodríguez lembrou que “antes desta campaña de distribución de mascarillas a concellos e entidades sociais da provincia, fixemos outros catro repartos nos meses de abril, maio, xuño e setembro. Coas que entregamos hoxe son xa 358.500 as unidades sanitarias que levamos repartidas na provincia a concellos, entidades sociais e outros colectivos como traballadores, taxistas, usuarios do transporte público, pequenos empresarios, autónomos ou persoal das residencias de maiores”.
CONCELLO E DEPUTACIÓN
A subdelegada entregoulle este venres un lote de 15.000 mascarillas á acaldesa de Lugo e as restantes 35.000 recolleunas o deputado provincial, xa que a Deputación é a institución que se fai cargo do operativo de distribución entre os concellos da provincial con poboación inferior a 20.000 habitantes, tal e como acordaron o Goberno e a Federación Española de Municipios e Provincias.
15 MILLÓNS PARA TODA ESPAÑA
As mascarillas para os concellos forman parte dunha nova campaña de reparto deste tipo de material sanitario, que se completará a semana que vén coa entrega doutro lote a entidades sociais. En total, o Goberno distribúe nesta campaña 15 millóns de mascarillas en toda España, das que corresponden a Galicia 590.000.



















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



