Santiago, 11 de novembro , 2020. O deputado do BNG, Daniel Pérez interpelou hoxe ao goberno sobre as medidas postas en marcha para facer fronte as consecuencias da Covid-19 sobre o colectivo de empresarios e empresarias autónomos.
O parlamentario do BNG sinalou que transcorreron oito meses para que a Xunta anunciara o plan de rescate dos e das autonómas e denunciou que para moitos e moitas deles as medidas chegan tarde porque están “pechados”.
Daniel Pérez trasladou ao Parlamento as criticas da Asociación de emprendedores de Galiza que responsabilizan ás administracións públicas “da morte do sector hostaleiro” e demandan compensacións. A curto e medio prazo os peches, afirmou o nacionalista, serán inminentes e os “autónomos e autónomas non son o problema, son parte da solución”.
Pérez reclamou “áxiles, directas e suficientes” porque de non se así os autónomos e autónomas afirman que non terán futuro. O colectivo demanda “un rescate” para os hostaleiros e outros sectores e cualifica as medidas de Feixóo de “parches”. Axudas de até 7.000 euros son “insuficientes”. O Presidente de xovenes empresarios da Coruña afirma que os asociados da hostalaría, axencias de viaxes, espectáculos e eventos denuncia a paralización, a falta de traballo e a persistencia dos gastos pero ademais das asociacións, un gran número de persoas denuncian a mesma situación ao que suman compras que non saben si van poder vender.
Daniel Pérez recalcou que as axudas articuladas pola Xunta, a día de hoxe, “son insuficientes” porque non escoitaron a un dos sectores máis golpeados economicamente pola Covid-19. Si a Xunta non escoita ao sector non acertará coas medidas. Deixen a “mercadoctenia” e actúen como goberno, escoiten ao sector, setenciou o deputado.
As axudas son xenéricas e marcadas pola falta de inmediatez, chegan tarde e cada día que pasa “pecha un negocio” que dá sustento a unha ou varias familias, xera riqueza e afecta ao tecido empresarial. O deputado tamén alertou da realidade dos negocios familiares con persoas ao fronte de máis de 50 anos, e preguntou que vai pasar con eles.
Finalmente, o parlamentario preguntou ao goberno polas “axudas directas para gastos correntes” devengados durante oito meses. Daniel Pérez volveu a pedir á Xunta que escoite ao sector e poña en marcha as axudas directas para empresarios e empresarias autónomos cunha “economía estrangulada” polo pandemia.





















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



