Foz, 17 de novembro de 2020. O Concello de Foz organiza esta semana un acto de conmemoración de Santa Icía. Será cun concerto de trompas a cargo do cuarteto Catro Cores o sábado, día 21, ás 19 horas na Sala Bahía e para acudir é necesario reservar. O teléfono habilitado é o 982.140.027, extensión 3, do departamento de Cultura. A entrada a este evento será gratuíta.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “o concerto segue a liña deste mes, relativa á difusión e empoderamento feminino, xa que o 25 de novembro é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. O venres pasado a compañía Ítaca Teatro levaba á escena a obra Cinco minutos sen respirar, que mostraba ao público o sufrimento das mulleres vítimas de violencia por parte das súas parellas. Neste sábado sairán ao escenario catro mulleres que forman o grupo Catro cores, un cuarteto de trompas que achegará ao público un repertorio da mellor música”.
Inés López engade que “o Concello quere seguir apostando pola igualdade e a visibilidade da muller en todos os ámbitos, con anteriores eventos coma o ciclo Teatro en feminino do 2019 e outros moitos actos que se organizaron e organizarán para derrubar barreiras”.

























A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



