Mondoñedo, 04 de novembro de 2020. O Concello de Mondoñedo ten entre as súas liñas de traballo a recuperación, mantemento e potenciación do patrimonio municipal. Dentro deste marco, continúa coa posta en valor da antiga fabrica da luz de Tronceda e do entorno desta fervenza. Acaba de conseguir unha axuda de 28.000 euros do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e outra, por importe de 19.995,36, da Consellería de Medio Ambiente. O goberno municipal inicia o proceso de contratación das obras, convencido da idoneidade desta forma de construír e poñer en valor o territorio con formulas participativas.
A aportación do Inega enmárcase nun convenio co Concello para o desenvolvemento do proxecto de recuperación da maquinaria da minicentral hidroeléctrica do río Tronceda. O Concello está interesado en promover o aforro e a eficiencia enerxética mediante a musealización desta fábrica da luz, como centro de interpretación. A aportación do Inega producirase na cantidade de 5.000 euros na presente anualidade e de 23.000 no 2021.
A aportación concedida pola Consellería de Medio Ambiente ten por obxectivo a posta en valor da edificación da fábrica da luz.
O goberno municipal de Mondoñedo expresa o seu agradecemento as administracións colaboradoras
Desde o consistorio mindoniense indicase que se seguen cumprindo os compromisos adquiridos coa veciñanza. A intervención na antiga fábrica da luz foi unha petición recollida nos encontros de participación cidadá que se veñen celebrando en Mondoñedo dende o peche de Finsa.


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



