Lugo, a 20 de novembro de 2020. O grupo provincial do PP anuncia a súa oposición a pechar en falso a extinción da sociedade Suplusa e avisa de que a relación da Deputación con Tragsa podería ter “algunha vertente xudicial distinta da contencioso-administrativa”. O portavoz provincial dos populares, Javier Castiñeira, explica: “Despois das declaracións do presidente e da vicepresidenta da Deputación, entendemos que o bipartito pretende cerrar en falso e á presa a disolución da sociedade mercantil Suplusa. O grupo provincial do PP mostrou o seu absoluto desacordo, que fixemos constar nas actas das reunións da comisión liquidadora, especialmente nas últimas”.
Castiñeira indica: “O Partido Popular quixo participar na comisión liquidadora, como consta na acta do pleno de inicio do proceso de disolución, en setembro de 2019, por varios motivos, un deles que non se fiaba do bipartito, porque era un proceso de animadversión clara de PSOE e BNG contra Suplusa; o BNG quería baleirar de contido a Deputación, empezando por Suplusa, como dixo a vicepresidenta”. Destaca que as liortas internas que tivo no pasado mandato o Partido Socialista afectaron ao funcionamento de Suplusa. Por outro lado, os populares –explica Castiñeira- quixeron estar na comisión liquidadora para defender os dereitos dos traballadores e os de numerosos concellos que teñen acordos e convenios coa Deputación para desenvolver solo industrial.
O portavoz popular asegura: “Non entendemos para nada que o presidente e a vicepresidenta falen de unanimidade, cando saben perfectamente, polas actas, que hai unha posición clara do PP de non pechar en falso o proceso de disolución. O bipartito quere pechalo canto antes”.
Os populares critican algunhas das manifestacións do presidente da Deputación. Castiñeira asegura: “Di que este proceso se fai para adelgazar a Administración. Iso é falso, e o claro exemplo é o servizo de xardinería, que antes prestaba Suplusa, cos seus traballadores, e que agora fai Tragsa, que resulta máis caro. Hai un proceso aberto no Contencioso no que o PP entende que a compra dunha acción de Tragsa pola Deputación de Lugo se fixo de maneira non legal. Este tema segue aberto”.
En canto aos traballadores -afirma Castiñeira- existe un problema laboral evidente cos xardineiros, que están en absoluto desacordo con ser subrogados a Tragsa. O que piden é que se subroguen á Deputación de Lugo, que é algo que tamén quere o PP de Lugo. Mentres non se resolva isto segue habendo un problema laboral cos traballadores de Suplusa.
Javier Castiñeira explica: “Doutro lado, o bipartito non aclarou nunca por que Tragsa usou material, equipamento e maquinaria de Suplusa sen a súa autorización. Estamos a falar de moitos cartos, dun ano e algún mes de uso de maquinaria. A voceira do grupo socialista non foi capaz de aclaralo cando, no seu día, llo preguntou o PP”.
Para os populares, “non hai certeza de que a Deputación queira cumprir os compromisos con todos concellos que firmaron convenios con Suplusa para desenvolver solo industrial. Mentres a Deputación non confirme que renovará eses compromisos, isto vaise pechar en falso con prexuízo para moitos concellos”.
O popular Javier Castiñeira lanza unha recomendación ao presidente José Tomé: “Non se apure, non peche en falso este proceso, porque ás veces querer ir moi rápido lévanos a non facer un proceso correcto e a ter moitos problemas de todo tipo: cos traballadores, xudiciais, de débedas entre Tragsa e Suplusa, cos Concellos que non están de acordo en que desaparezan os convenios. Este proceso pódese alongar moitísimo. O PP adiante que votará en contra sempre que nos se garantan os compromisos como se prometeu inicialmente”.
Datos reveladores
O deputado popular e viceportavoz do PP na Deputación José Antonio García aporta datos que resultan reveladores. Distingue entre liquidación e extinción de Suplusa. Así, explica que o pasado día 18 acabaron os traballos da comisión liquidadora, centrados basicamente na documentación mercantil, contable, técnica e xurídica. Esta documentación avala, segundo asegura, a xestión que fixo Suplusa todos estes anos en beneficio da provincia. García di que o balance de cesión global de Suplusa á Deputación e dun patrimonio de 22.460.000 euros, despois do desenvolvemento de polígonos industrias ao longo da provincia, a construción de residencias de maiores e o mantemento das zonas verdes da Deputación. Sinala: “No PP non compartimos para nada a visión negativa de Suplusa que quere dar o goberno provincial chamándolle “chiringuito”; todos os gobernos anteriores, incluídos os dos socialistas Gómez Besteiro e Darío Campos defenderon a Suplusa como entidade mercantil pública esencial”.
O mesmo viceportavoz popular sinala: “Concluídas as operacións mercantís, que se fixeron con todas ás da lei, o noso voto é favorable a este traballo. Agora ben, a extinción da sociedade corresponde aceptala ao pleno da Deputación e nós nestas últimas comisións expresamente manifestamos que propoñemos que a Deputación non extinga aínda Suplusa”. Detalla as razóns da proposta do seu grupo: non se cumpriu o anunciado polo goberno de que coa desaparición de Suplusa se adelgazaría a Administración e se reducirían custes; tamén que se manterían todos os servizos que prestaba Suplusa e se garantirían os dereitos dos traballadores. E non foi así. O goberno de Tomé adoptou decisións á marxe da comisión liquidadora, que no PP consideramos que son manifestamente ilegais”.
Os populares indican que mentres o goberno provincial dicía que se adelgazaría a Administración, a Deputación entrou por decreto no accionariado de Tragsa; os informes xurídicos –di García- demostran que o presidente Tomé, sen autorización da comisión liquidadora, tomou unha decisión que non lle correspondía, que foi encargar a Tragsa o mantemento das zonas verdes provinciais. Despois dun ano, vemos que supón 825.188 euros, un gasto moi superior ao que tiña cando era Suplusa a que atendía o servizo. Polo tanto, “non adelgazou a Administración, nin reduciu o gasto (é centos de miles de euros máis caro ao ano). Agrega: “Este presunto trato de favor a Tragsa podería ter algunha vertente xudicial distinta da contencioso-administrativa”.



















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



