Riotorto, 12 de Novembro de 2020. O Grupo Municipal no Concello de Riotorto, desexa elevar ao Pleno Municipal a seguinte Moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Pleno do Concello de Riotorto en data 20/07/2018 aprobou definitivamente o plan especial SUND Villarín-Riotorto.
Posteriormente SUPLUSA procedeu a redactar o proxecto de urbanización do referido polígono industrial.
En data 18/03/2019 SUPLUSA remitiu o Concello de Riotorto o proxecto de urbanización para a súa aprobación inicial.
A Xunta de Goberno Local desta entidade en data 26/03/2019 aproba inicialmente dito proxecto e en data 12/11/2019 a súa aprobación definitiva.
Debido a que SUPLUSA está en fase de liquidación, o pasado 26/11/2019 debateuse no pleno provincial unha moción do grupo do pp referente a este tema, para incluír nos orzamentos da deputación os 402.000 euros que custa sacar a licitación dito proxecto, sendo rechazada polos votos en contra do BNG e PSOE.
Non entendemos esta postura do BNG e PSOE, e consideramos que Riotorto ten dereito a dispoñer de solo industrial igual que outros concellos limítrofes.
Desde este grupo municipal e dende o goberno municipal vamos seguir intentando por tódolos medios que SUPLUSA ou a Deputación Provincial de Lugo execute este proxecto a maior brevidade posible.
En data 12 de Decembro de 2019 no pleno municipal os concelleiros do Psoe de Riotorto votaron en contra da moción do pp na que se solicitaba entre outras cousas que se posicionaran a favor ou en contra da construcción do polígono municipal de Riotorto. Os concelleiros do Psoe de Riotorto están en contra de que se faga o polígono industrial no noso municipio e terán que explicalo os veciños.
Considerando que a día de hoxe non existe ningún compromiso por parte do ente provincial e que está inversión é prioritaria para Riotorto.
Por todo isto, o Grupo Municipal Popular do Concello de RIOTORTO solicita ao Pleno a adopción dos seguintes ACORDOS:
1. Solicitar a Deputación Provincial de Lugo, que inclúa nos orzamentos do ano 2021 a consignación necesaria para a execución e licitación das obras do polígono industrial de Riotorto





















A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



