Lugo, 2 de decembro de 2020. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o presidente da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña, Jorge Manchado Rivero, asinaron no Pazo de San Marcos o convenio de colaboración co que a institución provincial achega 15.000 euros para sufragar os gastos de funcionamento do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela, centro de referencia en toda a comarca mariñá para o tratamento de persoas que padecen enfermidade mental e das súas familias.
Os usuarios e usuarias deste centro reciben atención no ámbito prelaboral, psicolóxico e social, realizando actividades de arteterapia, psicomotricidade, estimulación cognitiva, obradoiros de habilidades sociais ou psicoeducación, entre outras cuestións. Ademais, as persoas usuarias tamén poñen en práctica habilidades da vida diaria, xogos de interacción, ou actividades de integración social entre outras, dirixidas a conseguir o maior grao posible de autonomía e independencia.
A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña conta con diversos centros de atención na comarca da Mariña: unha unidade residencial no concello de Cervo, un piso protexido para persoas con enfermidade mental, unha vivenda tutelada para mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental e dous centros de rehabilitación psicosocial e laboral, un no concello de Ribadeo e outro en Burela.
Esta asociación creouse no 1999 por familias afectadas pola problemática da enfermidade mental que uniron os seus esforzos para conseguir que as persoas que padecen enfermidade mental e as súas familias reciban axuda e asistencia continuada, buscando a integración na sociedade e na vida da comunidade, fixando como obxectivo prioritario a súa rehabilitación psicosocial e laboral.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



