Mondoñedo-Ferrol, 15 de diciembre de 2020. O mosteiro de San Salvador de Lourenzá, un dos principais monumentos da diocese mindoniense, está sendo obxecto dunha intervención de emerxencia acometida polo Bispado de Mondoñedo-Ferrol. Este emblemático inmoble atópase sen uso desde hai anos, e as diversas tentativas realizadas ata o de agora, tanto desde o Bispado como desde distintas administracións, non deron o froito desexado. Aínda que o estado de conservación dos seus muros e claustros é bastante bo, as cubertas presentan desde hai anos nalgunhas zonas un estado moi deficiente, supoñendo un risco serio para a conservación do inmoble.
A intervención farase sobre as partes máis afectadas, que son os corpos norte de ambos claustros e o corpo leste do claustro do Salvador, cunha superficie aproximada de 1.450 m2. Consistirá no desmontado progresivo e ordenado da cuberta, conservando a estrutura de madeira existente. Se durante as obras se observase que algún dos elementos pode ter a súa estabilidade comprometida, procederase ao seu apuntalamento; e se algún elemento de madeira estivera solto, poderá retirarse e procederase ao seu almacenamento no propio mosteiro para a súa posterior reutilización. Procederase á reposición de todos os elementos danados no muro con nivelación, retacado e reposición de cachotería ordinaria derruída nas súas cabezas onde sexa necesario. Dado o carácter provisional destas actuacións de urxencia, a cubrición realizarase con chapa metálica, de cor similar á lousa, coa única finalidade de evitar as filtracións de auga e alixeirar o peso da cuberta sobre os muros.
Esta intervención ten un carácter provisional, buscando protexer o edificio mentres se leva a cabo a redacción do proxecto de renovación integral das súas cubertas e se procura a financiación que permita acometer esa obra. O orzamento previsto ascende a 126.223,07 €.
A actuación conta co preceptivo permiso e está coordinada coa Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, no marco da comunicación que a diocese mantén desde hai tempo, tanto coa Dirección Xeral coma co Concello de Lourenzá, sobre a conservación do conxunto formado pola igrexa e o mosteiro e sobre os posibles usos deste.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



