Ribadeo, 3 de decembro de 2020. As actividades da sexta edición do VI Festival de Jazz e Blues de Ribadeo comezarán mañá, venres, coa inauguración da exposición fotográfica de Cris Andina, ribadense especialista en fotografar artistas de teatro e músicos. O acto será ás 19:00 horas e ademais da propia Cris Andina intervirá a concelleira de Cultura, Pilar Otero.
Este domingo, día 6, terá lugar o primeiro concerto do festival, a cargo do grupo Travellin´ Brothers, banda bilbaína considerada unha das mellores de Europa. Nos seus 15 anos de historia leva gravados 8 discos e máis de 1.000 concertos en xiras nacionais, europeas e en USA.
O martes 8 actuará Sumrrá, que é o trío máis representativo do jazz galego contemporáneo, leva case vinte anos nos máis variados escenarios do mundo enteiro e conta con seis discos no mercado.
E o sábado 12 pechará os concertos do festival ribadense o andaluz Zenet, polifacético artista que foi premio da música ao artista revelación en 2009 e posteriormente logrou varias distincións máis. O seu novo disco, La Guapería, é de versións de boleros cubanos antigos e na semana da súa saída ao mercado entrou no top 10 dos discos máis vendidos en España e acadou o número 7 nas listas.
Os tres concertos serán no auditorio municipal Hernán Naval ás 20:00 horas con entradas numeradas gardando as distancias de seguridade, aforo reducido a 100 persoas para cada unha das actuacións e demais medidas contra o Covid 19.
O prezo das entradas para estes concertos é de 10 euros, 8 euros e 16 euros respectivamente, que son moi inferiores aos que se pagan nas actuacións destes artistas noutros lugares. Están á venda en www.ataquilla.com.





















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



