Lugo, 15 de decembro de 2020. A área de Cultura promove o ciclo de poesía multidisciplinar Goxo de pano fino, que reúne doce creadores e creadoras da Mariña Lucense e o Occidente Asturiano.
Baixo a dirección artística de Ugía Pedreira coa asistencia de Marina Oural, o proxecto inclúe doce pezas audiovisuais nos que os artistas se expresan a través da palabra – escrita, declamada, improvisada ou rapeada – desde os seus “refuxios creativos”.
Ás voces poéticas de Ugía Pedreira (en Vilavedelle, Castropol) e Marina Oural (en Alaxe, San Xurxo_ Val de Lourenzá) súmanse as de Quique Roxíos (Roxíos, Bual), Eloy Couceiro (en Valdepares, El Franco), Emilio López (en A Escabelada, Pousada, Lourenzá), Olalla Cociña (en Aguieira, A Rigueira, Xove), Moisés Cima (en Mouguías, Cuaña), Vanina Bailone (en Mexota, Tapia de Casariego), Miguel Rodríguez Monteavaro (en El Valle del Salgueirín, A Cruz, Bual), Eva Rosado (no Mirador de Santa Gadea, en Castropol), Alejandro Fernández (en Viavélez, El Franco) e Kiko Poe (en Fuentes Cabadas, Bual).
“O fío conductor do ciclo é a liña de pensamento entre o íntimo do individuo que se engarza coa sociedade actual, convertendo o verso en patrimonio contemporáneo vivo desde a expresión popular e o espazo natural. As creacións no Goxo randean coa investigación da arte vinculada ao espacio físico rural: un arquipélago diverso da poesía, corpo social, legado e compromiso cultural coas marxes que se tocan”, explica Ugía Pedreira sobre o proxecto, que xurdiu “na incertidume da pandemia mundial”.
As pezas audiovisuais –con montaxe de Eloy Couceiro e produción executiva de Mialma Produciois- difundiranse desde este mércores na canle de Youtube e nas da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e remitiranse a centros de ensino, salas de exposicións, bibliotecas, centros culturais e concellos nos que foron gravados polos artistas participantes.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



