Santiago, 15 de decembro , 2020. A deputada do BNG, Rosana Pérez defendeu unha proposición non de lei para demandar do Goberno do Estado a supresión de oficio do artigo 18 do actual proxecto de lei de cambio climático e transición enerxética e consensuar co sector mar-industria galego calquera modificación da lei de costas no referido á vixencia das concesións administrativas asentadas á beira do mar.
A proposta nacionalista contou co voto favorable do Partido popular e a abstención do PSdG.
O BNG afirmou a nacionalista, defende unha transición enerxética favorable ás enerxías renovables que contribúan a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro en Galiza así como paliar os efectos presentes e futuros do cambio climático pero o que se traduce de certos artigos do proxecto de lei do cambio climático, matizou, “parécenos cuestionables”. Nesta liña lembrou que as emendas do BNG no Congreso reclamaban a supresión do artigo 18 que supón “de facto” unha modificación da lei de Costas partindo dunha premisa errónea “que todas as empresas e industrias situadas en terreo de dominio público marítimo terrestre son nocivas” e todos e todas sabemos, explicou Rosana Pérez que non é así porque existen centos de exemplos espallados polo noso país que son “beneficiosas e están integradas dende hai moitos anos”.
A raíz da confusión creada ao redor do artigo obrigou a que o Ministerio de Transición ecolóxica tivera que intervir polo “rebumbio” creado dende o sector mar-industria e a partir de aí o Ministerio comprometeuse a contar co sector no caso de producirse algún tipo de modificación. O que descoñecemos, é o momento no que isto será posible, sobre todo tendo en conta que o proceso xa está rematado. Rosana Pérez recalcou que este asunto debe ser resolto e lembrou que o Partido popular “non contribuíu” é máis ben aproveitou a proposta de modificación do artigo 18 para facer unha campaña utilizando datos falsos.
A nosa proposta, remarcou é a “supresión do artigo 18” ou ben utilizar a lexislación existente para a súa modificación previo “dialogo, consenso e contacto co sector”.
O problema radica na falta de competencias de Galiza sobre a súa costa
A lei de cambio climático prevé reducir as emisións das industrias, depuradoras, naves ubicadas en dominio público marítimo terrestre, con conducións para a captación de auga do mar, etc, pero dende o BNG consideramos que “hai que distinguir entre industrias que precisan do mar e as que non”. O problema ven dado polo interese dun partido que está no goberno do Estado que afecta a Galiza de maneira relevante porque “non temos competencias en relación coa costa, nin co mar, nin co dominio público marítimo terrestre” o que implica que cada vez que se modifica a lei de Costas, Galiza padeza cruamente a lexislación centralista e uniformizadora que pensa e deseñan os diferentes gobernos de Madrid. Estes deseños “non teñen en conta as particularidades da realidade económica, social, ambiental e produtiva de Galiza”.
A deputada concluíu a súa intervención aludindo ao informe do Consello de Estado que interpretou de “pouco claro” o devandito artigo. A vía para solucionar o problema, reiterou Rosana Pérez é “suprimir o artigo 18” e si a lei de Costas precisa modificacións debe facelo atendendo ao sector.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



