Lugo, 26 de decembro de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe de que son máis de 13.000 os traballadores lucenses que recibiron algún tipo de prestación social no último mes. As prestacións abonadas polo SEPE e a Seguridade Social chegaron no último mes a 10.847 lucenses asalariados e a 2.236 por conta propia.
As persoas en situación de ERTE en novembro na provincia eran 2.389, fronte ás 15.982 que chegou a haber no mes de abril, cando se rexistrou o máximo de traballadores acollidos a ERTEs desde o comezo da pandemia causada polo COVID-19.
O SEPE abonou en outubro 9,9 millóns de euros en prestacións sociais (ERTE, desemprego…) a 10.847 traballadores lucenses. A cuantía pagada por ERTEs na provincia nese mes foi de 1,1 millóns de euros. Desde abril, o gasto acumulado en prestacións sociais supuxo 107,2 millóns, dos que 37,5 corresponden a ERTEs. O importe total é máis do doble do pagado no mesmo período do ano pasado, cando fora de 56,6 millóns.
En canto aos traballadores por conta propia, desde o comezo da crise sanitaria e ata o 30 de setembro, 11.653 autómos recibiron algún tipo de prestación na provincia. A partir do 1 de outubro, cando entraron en vigor novas modalidades de prestacións para autónomos, compatibles coa actividade, 2.236 autónomos da provincia recibiron algún tipo de prestación da Seguridade Social por cese ou limitación temporal de actividade ou por baixos ingresos.
Outra prestación coa que se dá cobertura ás persoas prexudicadas pola crise sanitaria é o Ingreso Mínimo Vital. Este novo dereito xa chegou a 3.508 personas na provincia, das que 1.855 son adultas e as restantes 1.653 son menores de idade.
Ademais, o ICO mantén a súa liña de avais vinculada ao COVID-19, que ten unha dotación de 100.000 millones de euros e que aínda permanece aberta. Na provincia de Lugo, a 30 de novembro aprobáranse 6.923 operacións, o que supón un financiamento garantido de 512,2 millóns de euros para 4.584 empresas, en especial pemes e de autónomos.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



