Ribadeo, 30 de decembro de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, felicita á veciñanza o 2021 e lembra que hai un ano por estas datas ninguén se podería imaxinar “o que se nos ía vir encima” coa chegada do covid. O rexedor pídelle á poboación que siga as indicacións das autoridades sanitarias para evitar laios dentro duns días. Suárez Barcia referiuse á situación no Hospital Asilo, onde mañá se realizará un novo cribado xeral, e indicou que as persoas positivas evolucionan favorablemente. Ademais agarda que, en breve, se proceda a vacinar aos usuarios e usuarias da nova residencia de maiores de Ribadeo, un espazo libre de covid ata o momento.
O alcalde dixo: “quero mandar unha mensaxe de fin de ano, neste 2020 que todos queremos esquecer e queremos que pase páxina canto antes, e que ninguén de nós se podía imaxinar, no Nadal pasado, o ano que nos viña encima, trastocando todo nas nosas vidas, na nosa sociedade, trastocando as nosas arelas lexítimas nas que estábamos a traballar para este ano 2020, que agora felizmente vai rematar. Digo felizmente, porque menos mal que a nosa fe está posta na ciencia e a nosa esperanza é a vindeira aplicación masiva en toda a cidadanía nos próximos tempos destas vacinas, que as persoas con moito traballo e moito tesón estiveron deseñando”.
Fernando Suárez sinalou que “hoxe temos en Ribadeo motivos para a preocupación e para a esperanza. Preocupación porque seguimos tendo un gromo importante no Hospital Asilo, aínda onte a última hora se detectou un positivo, pero estase actuando con moita firmeza, con moita determinación e con moi bo facer por parte de todos, da dirección do centro, do seu persoal, dos servizos sanitarios e dos servizos sociais, para conter esta situación, que seguro que se vai conter. Mañá os servizos sanitarios do Hospital da Costa farán un novo cribado xeral para comprobar a situación actual e ver si xa se chegou ao pico ou aínda non. En todo caso, os responsables sociais e sanitarios infórmanos de que as persoas positivas evolucionan favorablemente e manteñen sintomatoloxías leves. Por outra banda, tamén referido á outra residencia que temos en Ribadeo, ata o momento afortunadamente non tivo casos positivos e confiamos en que nas vindeiras horas se proceda a aplicar a tan agardada vacina, igual que no resto de residencias da comarca que non tiveran positivos ata o momento”.
O rexedor pídelle “á poboación, especialmente á de Ribadeo, que temos que actuar como se nos indica, que temos que actuar correctamente para evitar laios e lamentacións dentro duns días. Foron uns meses de travesía polo océano desta pandemia moi duros e agora, que xa divisamos terra firme en forma de vacina, non vaiamos tirar todo pola borda e naufragar antes de chegar a esta terra firme tan ansiada. Fagámolo todos e fagámolo ben e así neste esperanzador 2021, que temos por diante, poderemos reiniciar para mellor a nosa sociedade, aprendendo moitas leccións que esta pandemia nos deixou. Polo tanto, que teñades todas e todos unha moi boa entrada do ano 2021”.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



