Foz, 30 de decembro de 2020. O Concello de Foz continúa co traballo administrativo a finais do mes de decembro e procedeu á contratación de distintas obras con fondos propios, que se levarán a cabo a comezos do ano 2021.
O alcalde, Fran Cajoto, explica: “desde que adquirimos a responsabilidade de goberno vimos realizando un traballo sensato e constante, ordenado. Co Plan de Mobilidade, que se encontra en proceso de redacción, pretendemos que unha planificación integral do concello e do casco urbano mellore os desprazamentos de tódalas veciñas e veciños e fagan un Foz máis cómodo e amable, tamén para os visitantes. Non podemos recaer en erros do pasado que causaron un auténtico caos circulatorio en Foz, como as dúas rúas principais na mesma dirección”.
Con fondos propios destinados ao arranxo de viais vanse realizar distintas obras que foron contratadas neste mes de decembro e que comezarán a executarse a principios do 2021:
Urbanización e mellora de accesibilidade na rúa Xulia Minguillón, que serve de conexión entre as de Corporacións Municipais e de Cervantes -prolongación da Avenida de Asturias- e ten soamente beirarrúas na metade da súa lonxitude e un firme que presenta moi mal estado de conservación. Moi empregada tanto por vehículos como por peóns, vanse dispoñer beirarrúas en toda a lonxitude da rúa por ambas marxes e renovar o firme, que se encontra en mal estado, garantindo deste modo a accesibilidade a tódolos veciños da zona. Terase en conta tamén a ampliación dos distintos servizos e disporase unha nova canalización para a mellora do alumeado público, que se executará nunha segunda fase. Esta actuación contratouse por un montante total de 28.350 euros.
Asfaltado de camiños veciñais nas parroquias: actualmente hai distintos camiños públicos de titularidade municipal que serven de acceso a vivendas e que teñen un firme en zahorra ou terra, sen asfaltar. Isto presenta un gran inconveniente para as veciñas e veciños, especialmente en época de inverno, na que se complican moito as circulacións diarias. Os viais asfaltaranse cunha dobre rega asfáltica sobre base de macadam, previo perfilado dos mesmos e limpeza de cunetas e taxeas. Os viarios sobre os que se actuarán están situados na parroquia de Vilaronte (camiño Vilarmea, en Mañente; zona do Punto Limpo, en Escanlar; e Espiñeirido, na Espiñeira), na parroquia de Nois (zona de Trasmonte e Cabanas-Carpacide) e na parroquia de Cangas (Camiño do Muíño, en Alamparte). Estas obras de acondicionamento e asfaltado de camiños contratáronse por un total de case 22.000 euros.
Mellora de sinalización horizontal: en aglomerados feitos en anos anteriores en diversas rúas do casco urbano non se repintaron liñas e pasos de peóns, provocando unha situación de inseguridade a todos os viandantes xa que desapareceron as marcas viais e, polo tanto, tamén unha zona de paso segura para cruzar as rúas. Isto acontece por exemplo na rúa Concepción Arenal ou na rúa Pascual Veiga. En outras moitas rúas, como na do Pilar ou na rúa de Fondós, os pasos de peóns encóntranse moi deteriorados co paso do tempo. Noutros casos, como nas rúas de Alfoz e do Valadouro, recentemente renovadas, está pendente dispoñer a sinalización horizontal. Para todos estes casos, contratouse o pintado por un importe total de 9.900 euros.
Substitución da varanda do Parque Martínez Otero coa rúa Paco Maañón, que está moi deteriorada, perigosa e con ferruxe, nunha zona onde se concentran moitos cativos. Obxecto incluso de mocións plenarias en anteriores lexislaturas, procedeuse á contratación da fabricación e instalación dunha nova varanda, galvanizada en quente e lacada, que ofreza seguridade a todas as nenas e nenos que van xogar ao parque. A nova varanda suporá un desembolso de case 4.150 euros.
“Con estas adxudicacións o Concello de Foz segue coa renovación de infraestruturas viarias, pensando sempre na accesibilidade e incidindo na conservación e mellora do existente”, destaca Fran Cajoto.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



