Burela, 30 de decembro de 2020. O Concello de Burela aprobou, no pleno extraordinario celebrado onte, a modificación das taxas e prezos públicos para 2021. A maioría dos impostos conxélanse e oito sufrirán variacións, que serán positivas para a veciñanza. Desaparecen as taxas por vodas e bautizos civís, e as motos de máis de vintecinco anos non pagarán xa que gozarán dunha bonificación do 100%. Ademais o IBI poderá ser abonado en máis de dous prazos por parte das veciñas e dos veciños que así o soliciten. O alcalde, Alfredo Llano, asegurou que os hostaleiros e os vendedores do mercadiño semanal non pagarán tres meses de taxas, nun caso polas terrazas e no outro pola instalación dos seus postos, e máis adiante estudarase unha posible nova bonificación.
O rexedor declarou que “levamos xa cinco anos nos que, de momento, non subimos ningunha taxa, ningún imposto nin ningún prezo público, ao contrario houbo bonificacións durante estes anos e incluso rebaixas nalgún deles. Para o ano 2021 imos conxelar todos menos oito, que serán os que se van modificar en positivo. Derogamos dous que son para a celebración de vodas civís e bautizos civís e de vehículos de arrastre mecánico. Fixemos outras dúas modificacións, unha delas para as motos de máis de vintecinco anos, ás que non se lles vai cobrar nada porque entendemos que quen garda unha moto durante ese tempo é porque a ten ben coidada ou a está exhibindo. Séguese mantendo a bonificación do 50% para o resto dos vehículos dese tempo”.
Alfredo Llano explicou que “fixemos unha modificación no imposto do IBI porque non queremos que se poña unha data específica de cobranza, que era do 5 de xuño ata o 5 de outubro, agora pode ser noutro momento. Ten que decidilo a Deputación, xa que lle temos transferido o cobro deste imposto. Antes estaba para pagalo en dous prazos e agora, quen o solicite, pode ter máis prazos para abonalo”.
O alcalde subliñou que “suspendemos outras dúas taxas derivado da pandemia do coronavirus. Estamos en conversas tanto coa hostalería como cos usuarios do mercado dos venres, e falando con eles chegamos á conclusión de procurar beneficialos na suspensión do cobro de taxas, por exemplo na hostalería das terrazas e aos usuarios do mercado suspenderlles o cobro durante tres meses a cada un deles. A nosa idea era facelo por un período de seis meses, pero non se pode aplicar no primeiro trimestre por temas de normativa. Xa veremos como vai a pandemia, esperemos que se vaia recuperando a normalidade tanto sanitaria como socioeconómica e no mes de abril veremos como está a situación e se é necesario ampliaremos a tres meses máis a suspensión destas taxas a estes dous colectivos”.
Llano engadiu que “reducimos dúas taxas nun 0´20%, a de sumidoiros e a distribución de auga. Practicamente non tocamos ningunha taxa, salvo nestes casos para que grave moito menos á nosa veciñanza de Burela. Esperemos que todo vaia ben e que para o ano que ven vaiamos recuperando a actividade socioeconómica e a seguridade sanitaria”.
Na sesión plenaria de onte “tamén aprobamos a licitación do contrato do SAF que saíu nun prezo inicial de 662.317 euros, queremos o antes posible renovar este contrato que sería para un máximo de dous anos en principio. Esperemos que todo isto saia canto antes para que teñamos un bo servizo de axuda no fogar. Hai que pensar que este ano foi moi necesario este servizo, sobre todo cando estaba moita xente confinada, houbo moito traballo. Solicitamos trinta e cinco mil horas de traballo para o ano que ven, que poden ser ampliadas”.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



